Case unha trintena de artistas exporán a partir deste venres unha serie de traballos homenaxe a Maruja Mallo en Bueu. A mostra é o produto da ruta artística organizada en maio deste ano para tratar de revivir a experiencia da autora viveirense durante a súa estadía en Bueu no verán de 1936.
Maruja Mallo, que forma parte da xeración do 27 e a vangarda interior española, viviu o golpe militar do 36 en Bueu. Atopábase na vila do Morrazo xunto co sindicalista Alberto Fernández “Mezquita” nas súas vacacións de verán. Froito desa breve pero intensa experiencia bueuesa, a artista galega publicou o seu “Cuaderno de Bueu”, que serviu de influencia a toda a súa obra posterior.
A mostra, que leva o lema de “Segundo Caderno de Bueu”, será inaugurada este venres ás 20:30 horas na sala de exposicións Amalia Domínguez Búa. As creacións que se poderán ver ata o 3 de setembro, recollen os debuxos, ilustracións e textos nacidos tras a ruta artística organizada polo Concello de Bueu o 14 de maio, e comandada polos pintores Antón Sobral e Nanda Cabaleiro.
Así, as persoas que se acheguen verán os traballos de Eduardo Baamonde, Pilar Barral, Bagoa (Ale Cid), Marisa Calderón, Cecilia Descalza, Loli Docampo, Luz Díaz López, Ariadna Domínguez, Rosario Español, Cristina García Cao, Catalina Gómez, Maribel Longueira, Olga López, Adela T. Maroño, Noemi Méndez – Benegassi, Francisco F. Naval, Yolanda Novo, Carmen Quinteiro, María Rey, María del Carmen Sancho Blanco, Enrique Toba Nardín, Mariña Torres, Uxía Torres, Xaime Toxo, Javier Vilariño, Nanda Cabaleiro e Antón Sobral.
A mostra poderá visitarse de luns a domingo de 11:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas na Sala de Exposicións Amalia Domínguez.
Esta actividade lembra a estadía de Maruja Mallo na vila bueuesa, concretamente en Beluso, no verán de 1936, xusto cando irrompeu o golpe de estado. Así, durante este ano, promovéronse diversos eventos que lembran este fito en Bueu, tales como a conferencia do historiador de arte Carlos López Bernárdez con motivo da programación do 8 de marzo, ou a celebración por parte da Deputación de Pontevedra do Día das Artes Galegas o 1 de abril a través dun contacontos para a rapazada e un acto institucional na Casa do Pobo de Beluso.
Así mesmo, é destacable a presenza que tivo a figura da pintora vangardista nas alfombras florais do municipio con motivo do Corpus Christi deste ano, e o pintado dun mural polos compoñentes de Polo Correo do Vento nun dos laterais da Casa do Pobo.
El penúltimo fin de semana de julio llega con citas imprescindibles del verano vigués y opciones para todos los gustos. ¡Toma nota!
Vigo se prepara para disfrutar de la Romería de San Roque. David Civera es el gran bombazo de un programa con conciertos, sesión vermú o comida
Monçao celebra este fin de semana una fiesta gastronómica especial, la de "la Rosca e do Papudo". ¡Este es su programa!
Vigo podrá disfrutar este sábado del Inmersa Dance Fest, que pondrá a bailar a las personas que se acerquen hasta Porta do Sol
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL