O Festival Folclórico de Baiona celebra o seu 21 aniversario

Publicidad

O Concello de Baiona e a Asociación Folclórica Airiños da Lagoa organizan o vindeiro sábado, 2 de setembro, o XXI Festival Folclórico para conmemorar un ano máis o aniversario do grupo fundado en Baíña hai xa máis de dúas décadas.

Os grupos Airiños da Lagoa, Huelearomero e Sopetrán participarán nunha nova edición do Festival Folclórico de Baiona. As actuacións celebraranse na Praza do Concello a partir das 22:00 horas.

“Todos os anos, a primeira fin de semana de setembro, organizamos o festival para celebrar o noso aniversario e sempre invitamos a dous grupos folclóricos de outras provincias”, apunta Diego Docabo, membro de Airiños da Lagoa, agrupación fundada en Baíña hai 21 anos.

Ademais de Airiños, participarán este ano Huelearomero, procedente de Cenicientos (Madrid), e Sopetrán, que chegan dende Almoharín (Cáceres), con preto de trinta compoñentes cada un.

No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, o festival trasladarse as instalacións do Auditorio V Centenario de Baiona.

Fin de semana folclórico na área de Vigo

Na mesma fin de semana, o 1 e 2 de setembro, o Concello de Mos acolle o Festival Intercéltico O Son do Pazo. Unha cita que pretende situar ao concello da Louriña como referente da música galega e que contará con Susana Seivane como grande atractivo do festival.

Salir de la versión móvil