O Concello de Baiona e a Asociación Folclórica Airiños da Lagoa organizan o vindeiro sábado, 2 de setembro, o XXI Festival Folclórico para conmemorar un ano máis o aniversario do grupo fundado en Baíña hai xa máis de dúas décadas.
Os grupos Airiños da Lagoa, Huelearomero e Sopetrán participarán nunha nova edición do Festival Folclórico de Baiona. As actuacións celebraranse na Praza do Concello a partir das 22:00 horas.
“Todos os anos, a primeira fin de semana de setembro, organizamos o festival para celebrar o noso aniversario e sempre invitamos a dous grupos folclóricos de outras provincias”, apunta Diego Docabo, membro de Airiños da Lagoa, agrupación fundada en Baíña hai 21 anos.
Ademais de Airiños, participarán este ano Huelearomero, procedente de Cenicientos (Madrid), e Sopetrán, que chegan dende Almoharín (Cáceres), con preto de trinta compoñentes cada un.
No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, o festival trasladarse as instalacións do Auditorio V Centenario de Baiona.
Na mesma fin de semana, o 1 e 2 de setembro, o Concello de Mos acolle o Festival Intercéltico O Son do Pazo. Unha cita que pretende situar ao concello da Louriña como referente da música galega e que contará con Susana Seivane como grande atractivo do festival.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL