Tomiño viaxará entre o presente e o pasado da man de Fillas de Cassandra, un dos proxectos da nova música emerxente máis prometedores do panorama galego. O dúo visitará o municipio o sábado 12 de agosto, Día Internacional da Mocidade, con dobre obxectivo: ofrecer un obradoiro para mocidade e dar un concerto aberto a todos os públicos.
Rapazas e rapaces a partir de 12 anos poderán participar nun taller de balde organizado e levado a cabo polas dúas compoñentes do grupo, as viguesas María Pérez e Sara Faro. A partir dos temas do disco ‘Acrópole’, as e os participantes explorarán as resonancias actuais da mitoloxía, revisando as experiencias como mulleres para conectalas coas das heroínas clásicas para reflexionar sobre a necesidade do feminismo como ferramenta de transformación e a música como posible vehículo para este cambio. O obradoiro impartirase de 19:00 a 21:00 h no Espazo Mercado de Goián e as inscricións xa están abertas na web do Concello.
Ese mesmo día, ás 22:30 horas o dúo vigués subirase ao escenario na Praza Pintor Antonio Fernández para ofrecer ao público un concerto de balde no que a música tradicional galega mestúrase co pop electrónico para revisitar a mitoloxía clásica desde unha óptica feminista, pensamento que atravesa todas as súas composicións. Fillas de Cassandra conta cun estilo moi particular cunha clara aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas no canto tradicional oral, con influencias do pop, electrónica e música clásica.
La plaza Vialia Vigo acoge una fiesta del running con Érguete e Corre, la prueba solidaria que rendirá tributo a "las madres contra la droga"
Continúa el ciclo de cine "Activistas: cinema por mulleres" en Vigo. La próxima sesión abordará la realidad de Portugal
Soutomaior apuesta por la Navidad sostenible. Ofrecerá una nueva edición de su propio mercado de oportunidades y segunda mano
Covelo acogerá un maratón de cine y documentales de aquí a que acabe el año. Estas son todas las proyecciones que ofrecerá gratis
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL