Guadi Galego e Pelepau conformarán dúas das citas destacadas da programación cultural do Concello de Redondela, presentada esta mañá pola alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa. O programa estará marcado polas medidas de seguridade sanitaria que impón esta nova normalidade e por unha firme e decidida aposta “de música feita en Redondela”, según explicou Rivas.
A programación arranca o sábado 11 de xullo na Alameda Castelao cun concerto da Xingros Big Band do Conservatorio e que inclúe tamén iniciativas novidosas como os 'vermuts culturais' o que se desenvolverán todos os sábados ás 12:30 horas.
Durante as vindeiras semanas haberá concertos en Redondela, Chapela e Reboreda protagonizados na súa maior parte por grupos locais "grupos e artistas de gran nivel moi afectados por este parón cultural" como Tanto nos ten, Tresporcatro, Airiños do Mar de Teis, Airiños da Peneda, Tanxarina, Carballo das Cen polas, Sheyla Patricia ou As Efémeras.
Unha das citas máis salientables será co gallo da celebración do Día de Galicia. Ao igual que sucedeu o pasado verán, o venres 24 de xullo haberá un concerto de fusión en Chapela cunha actuación conxunta de Pelepau e e a Banda de Música de Chapela, e o sábado 25 Guadi Galego presentará o seu espectáculo Immersión no Campo da Feira. As actuación estarán marcadas por medidas de seguridade como separación entre espectadores e de tres metros co palco, máscaras, nenos sentados en cadeiras e hidroxel.
Todos os concertos serán de balde, malia que se controlará o aforo para garantir a seguridade e, no caso concreto dos concertos de Guadi Galego e Pelepau, haberá que acudir con invitación que deberá reservarse a través do correo electrónico concertos2020@redondela.gal
Os 'Vermús Culturais', que se desenvolverán os sábados de agosto ás 12:30 horas, contarán coa música de Su Garrido, 33RPM, As efémeras, Pacíficos Errantes e Chá, cerveja e vialã.
Piratas de Nabia retoma una de sus planes estrella del otoño: viaje y ruta guiada a Ons con cocido incluido
La emblemática banda Los Secretos elige Vigo para ofrecer su último concierto del año: entradas ya a la venta
Llega el Mercado de Tomiño con una programación llena de actividades. Una iniciativa para disfrutar del producto local
Una food truck de comida saludable se instalará este martes en Vigo. Se trata de una iniciativa de la Cruz Roja con el CIFP Manuel Antonio
Begoña Vila leva recibido múltiples recoñecementos pola súa carreira, incluíndo a Medalla da NASA para o Logro Público Excepcional en 2016
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL