Vigo prepárase para unha das noites máis máxicas do ano. Como cada San Xoán, decenas de fogueiras prenderán para espantar aos malos espíritos e recibir ao verán nunha noite iluminada polo lume. Segundo confirmou esta mañá o alcalde, Abel Caballero, os bombeiros están xa a revisar as diferentes cacharelas para que mañá sábado, ás 16:00 horas, a inspección comprobe que se cumpre a normativa municipal. Se todo vai ben, "o razoable é pensar que todas terán autorización", explicou o rexedor, 31 fogueiras arderán nesta noite, unha máis que o ano pasado.
Lugar: Praza do Berbés
Que haberá: A habitual noite de San Xoán vívese un ano máis no Berbés. O programa para a "Noite das fogueiras, solsticio de verán" arrancará ás 21:30 horas con "As lideiras do Berbés" e continuará co "Obradoiro de danzas do mundo" (22:00 horas) e "Os Cuncheiros" (23:00 horas). Ás 0:00 horas os encargados de poñer a música serán os gaiteiros do Casco Vello. Haberá, como non, sardiñas e lume.
Lugar: Joaquín García Picher
Que haberá: O paseo de Joaquín García Picher, na contorna do Toysrus, acollerá unha cita na que se mestuarán as Letras Galegas e a celebración do verán. A festa arrancará ás 17:00 horas con música galega baseada en obras literarias e continuará con diferentes actos en torno á figura de Mª Victoria Moreno.
O San Xoán, como tal, comezará ás 21:00 horas co espectáculo de carácter cómico de Peter Punk "Chungo que te cagas". O artista transfórmase nun personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis no que a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. Ás 22:00 horas seguiralle un pasarrúas coa charanga "Vaite Xa!" que soamente se verá interrompido polo acendido da fogueira á medianoite.
(Pode sufrir cambios)
Letras Galegas – Homenaxe a María Victoria Moreno
17:00 Música galega baseada en obras literarias
18:00 A festa no faiado, de Victoria Moreno – Semente Vigo
18:30 Lectura pública Anagnórise, de Victoria Moreno
19:30 Presentación proxecto “Libros ceibes” no barrio
20:00 “Poemario para unha victoria” – Silvia Penas
Celebración do verán – fogueira de San Xoán
21:00 Peter Punk “Chungo que te cagas”
22:00 pasarrúas charanga Vaite Xa!
00:00 encendido fogueira
00:10 actuación Vaite Xa!
Lugar: Torreiro da Igrexa Vella de Alcabre (cuberto con carpa).
Que haberá: A partir das 20:00 horas celebrarse un espectáculo de animación infantil da man do Paiaso Popín e ás 21:00 horas comezará a gran sardiñada e chourizos asados. A fogueira de San Xoán acenderase, como corresponde, a partires da medianoite.
A música correrá a cargo do grupo de gaitas "Vagalume", das pandereteiras "Ghandainas" da A.V.V. Nosa Terra de Alcabre, dos grupos de pop-rock "Os Juais" e "Tribu" e da disco móbil "Freddy's". Ademais, Alcabre contará co espectáculo de animación da man de "Troula".
Lugar: rúa Ufa (As Teixugueiras)
Que haberá: O barrio máis mozo de Vigo contará cunha amplísima programación para a xornada deste sábado de San Xoán. Ás 17:30 horas celebrarán unha recollida de herbas de San Xoan na Carballeira onde poder coñecer unha das partes máis tradicionais e máxicas desta festa. Ás 19:00 horas comezarán as actuacións que non rematarán até o acendido da fogueira e o Meco feito por APAMP, a Asociación de Familias con Parálise Cerebral, á medianoite.
17:30h - Recollida de herbas de San Xoan na Carballeira
19:00h - "Caixa dos desexos para mellorar e/ou cambiar..." e grupos de baile da ANPA "O Muíño" do CEIP Castelao
20:30h - Sardiñas, chourizos, empanadas, bebidas...
21:00h - "Grupo de gaitas do Rueiro" de Coia
21:45h - Pandeireteiras "Pándega Das Teixugueiras" da A.VV. Novo Vigo
23:00h - Conxuro da queimada "Mouchos, curuxas, sapos..."
00:00h - Acendido da cacharela co Meco feito por APAMP
Lugar: Torreiro de Festas de Freixo
Que haberá: En Freixo, parroquia de Valladares, a cita estará marcada pola ambientacion musical con Operación Karuncho, Vai na herva, Cantareiras Bouzacova, Os Tabáns e o show de Furanchazo. O pregón correrá a cargo de Manolo "Pipas". Tras o mesmo, o Trío Cibeles liderará a verbena que rematará co DJ Mac Arra.
Lugar: Terreos da antiga Radio Costeira (rúa Eira Vella, 4)
Que haberá: A cita en Saiáns comezará ás 22:30 horas coa tradicional sardiñada con pan de millo e bocadillos de chourizo asado. "A polémica banda dos Bechuchos" será a encargada da música nesta noite máxica.
https://www.youtube.com/watch?v=wTxaayNeLjY
Lugar: Torreiro de Festas da Irmandade de Santa Ana
Que haberá: O torreiro de festas da Irmandade se Santa Ana acollerá dende as 21:00 horas unha gran sardiñada con ración de sardiñas de balde para todos os socios e socias. A cita estará amenizada por grupos folclóricos do CSCR de Beade.
Lugar: Plaza de Santa Rita
Que haberá: Dende as 21:00 horas a contorna da Praza de Santa Rita será o escenario dunha noite de bo comer. A cita, amenizada por música, contará coa tradicional sardiñada, pero tamén con churrasco e a necesaria queimada para pechar unha noite de maxia.
Lugar: Camiño de Maceiras, fronte ao auditorio de Teis
Que haberá: O barrio de Teis celebrará, sen dúbida, o San Xoán máis galáctico. A partir das 22:00 horas, haberá postos de comida, doces, bebida e herbas de San Xoán. A xornada estará amenizada coa actuación do grupo de gaitas da Asociación DJ Pichy e coa representación da "Tropa Korriban Star Wars" de Galicia para que a forza nos acompañe na noite máis especial e máxica do ano.
Lugar: Asociación de Veciños Val do Fragoso
Que haberá: Dende as 19:30 horas celebrase o Festival de Fin de Curso das actividades culturais da asociación con baile moderno, hip hop ou break, ademais da música do grupo de gaitas, pandeiretas e baile tradicional. A partir das 0:00 horas acenderase a fogueira de San Xoán.
Lugar: Praza da Miñoca
Que haberá: A Praza da Miñoca acollerá a súa Festa da Chourizada organizada pola Asociación de Veciños. A cita comezará ás 19:00 horas con bocadillos de chourizo a 1,80€. A cita contará con conxunto musical e coa tradicional fogueira.
Lugar: Local social da asociación de veciños (Avenida de Santa María, 95)
Que haberá: A noite de San Xoán de Cabral comezará ás 21:00 horas con sardiñas, chourizos, pan viño e, por suposto, música para unha noite de festa rachada.
Lugar: Praza do Abanico
Que haberá: A asociación de Veciños do Casco Vello alto organiza a súa festa de San Xoán na praza do Abanico nunha cita que arrancará ás 20:00 horas. Os que se acheguen até alí poderán desfrutar das tradicionais sardiñas con pan e empanadillas artesás. Tamén haberá empanada, tortillas e bebidas ademais da música de DJ Gramola.
Importante: Para asegurar que non quedas sen sardiñas poderás mercar os tickets de reserva por 5€ para dúas sardiñas con pan, e unha empanadilla artesana en El Castro e Matina.
Lugar: Bouzas (Pavillón)
Que haberá: En Bouzas celebrarán o seu San Xoán coa música da Orquesta Marazul.
Lugar: Torreiro da festa de Matamá
Que haberá: Pola mañá, en Matamá contará cunha charla sobre as herbas de San Xoán (10:30h - auditorio da Soc. Atlántida) e unha andaina para coñecelas sobre o terreo (11:30h - saída dende a Cultural).
Xa na tarde, a cita comezará con inchables para nenos e nenas dende as 18:00 e até as 23:00 horas. O torreiro de festas acollerá ás 19:30 horas unha mostra das herbas de San Xoán e o reparto de sardiñas comezará ás 21:00 horas. A partir das 22:00 horas a música correrá a carrgo do grupo de gaitas da Sociedade Atlántida, das cantareiras da Sociedade Atlántida, de "Bate no Cobre", "Sete Cuncas" e a charanga "Os Jalácticos". Á medianoite terá lugar o prendido da fogueira.
Lugar: Torreiro de Festas do Carme, Coruxo
Que haberá: A cita en Coruxo, organizada polo Centro Recreativo Artístico e Cultural, comezará coa tradicional sardiñada ás 21:30 horas acompañada de viño e música coa "Charanga Os Imperiais". A fogueira prenderase á medianoite nunha cita na que tampouco faltará a queimada.
Lugar: U.V.C.D. de Candeán (Subida á Madroa)
Que haberá: A noite de San Xoán de Candeán estará protagonizada pola actuación do grupo de gaitas "Roncosón" e de pandereteiras "Augas de Maio". A cita comenzará ás 21:30 horas con sardiñada con pan de millo, choripán e viño tinto. O acendido da cacharela será ás 0:00 horas.
AAVV, SAN MAMEDE ZAMANS | Estrada zamans 251 |
ASOCIACION VECIÑAL SAN XURXO | Eira Vella nº4 |
A.V.C.D. MONTE DA MINA DE CASTRELOS | Rua Galindra 16 |
ASOC, DE VECIÑOS NOSA TERRA | Baixada a Igresa nº1 |
S.V.C.D. NAUTILIUS | Camiño Sanin 564 |
COMS. DE FESTAS SAN XOAN BAUTISTA | Rua san Xoan 88 |
REAL AEROCLUB DE VIGO | Avd. Aeropuerto 5 |
ASOC.VECIÑAL CULTURAL CASCO VELLO | Rua Oliva 12 |
AOC, VECIÑAL DR.JOSE CASÁS BOUZAS | Fronte ao Pavillón de Bouzas |
U.V.C.D. CANDEAN | Devesa 25 |
SOCIEDAD. DEPORTIVA ATLANTIDA | Rua Manuel Cominges, 15 |
ASOCIACION DE VECIÑOS DE CABRAL | Santa Mariña 95 |
C.R.A.C. DE CORUXO | Rua Canido, 89 |
ASOCIACION VECIÑAL NOVO VIGO | Rua Ullas |
COMIS. VERBENA DO CARREGAL | Camiño do canizo s/n |
Asoc. Veciñal Teis | Maceiras |
ASOC. AMIGOS DO SEIXO | Rua do Seixo, 67 |
ASOCIACIÓN VECIÑAL VAL DO FRAGOSO | Val Miñor 1-3 |
ASOC. COMERCIANTES ENTORNO XERAL | Santa Rita |
ASOC. VECIÑOS PRAZA A MIÑOCA | Praza da Miñoca |
ASOC. VECIÑOS AS FONTES Vilar Gandarón | Vilar 21 |
Asoc. De Vec. Curva San Gregorio, Asoc. O Torreiro de Coya | Praza Industria |
ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE | Pedras, 3 |
ASOC. DE FESTAS A XUVENTUDE DE BALAÍDOS (VIRTUAL) | Manuel de Castro 42 3A |
CLUB DE CAMPO DE VIGO | Carret, Canido 95 |
CENTRO VECIÑAL DE VALLADARES | Carrt. Valladares 261 |
CALEXÓN DO VISO (TRAVESIA DE VIGO) | CALEXON DO VISO 86 |
ASOC. FOLKLORICA VENTOS COMESAÑA | Carretera Casas 38 |
BAR DANAIS | Av. de Ramón Nieto 197 |
AV SANTA ANA BEADE | Estrada Coutada 42 |
ARENGA PADEL CLUB | Camiño devesa 1 |
*NOTA: As fogueiras están pendentes de autorización. Algunha delas podería non celebrarse se non cumpre coa normativa.
Un plan especial para combatir el frío de los días de otoño. Así es el bingo de Salceda que combina humor y terror solo para mayores
Un restaurante de Vigo se convertirá en Hogwarts con numerosas actividades, desde un escape room a diferentes pruebas de misterio y cenas
El Centro de Investigación Mariña de la UVigo celebra este evento lleno de actividades en el entorno de A Laxe los días 8 y 9 de noviembre
Bueu se prepara para una gran fiesta por San Martiño. Tres días de celebración en los que no faltará la verbeneo y diversión para toda la familia
El Centro de Investigación Mariña de la UVigo celebra este evento lleno de actividades en el entorno de A Laxe los días 8 y 9 de noviembre
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL