O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro venres día 25 de outubro a representación teatral de “Raclette” a cargo da Compañía Ibuprofeno Teatro. A representación, que emula a particular forma de comer en comunidade dos pastores suízos, pero adaptada a novas realidades e tempos, arrancará ás 21:00 horas.
Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia.
O realismo é a base da posta en escena e do traballo interpretativo. Os actores e actrices cociñan e comen comida real, diante do público, que apreciará o transcurso da cea non só pola vista e o oído, senón tamén polo olfacto. O peso da función recae no que transmiten os personaxes, na intensidade das relacións que se establecen entre eles, na trascendencia do que din e do que calan, nos xestos, nas miradas...
As entradas, de balde, están dispoñibles dende o 24 de outubro ás 17:00h da tarde no Centro Cultural.
Ibuprofeno quere afondar na liña da creación propia e orixinal, seguindo na procura dunha linguaxe persoal e recoñecible para falar dos temas claves que lle afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar, o que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.
No caso de “Raclette” é unha obra dirixida por Santiago Cortegoso cunha duración de 75 minutos que xa foi finalista XX Premios Max das Artes Escénicas Mellor Autoría Teatral e Mellor Dirección de Escea, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014, Mellor Espectáculo de Sala da 19 edición da "Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo", Mención Especial do Xurado no XIX Certamen de teatro Garnacha de Haro, Premio María Casares de Teatro 2017 ao Mellor Texto Orixinal, Premio Teatro Autor Exprés 2016.
Este concello del área de Vigo prepara una sesión gratuita al aire libre con un total de seis DJs el día antes de la Festa de Pascoa
El Concello de Tui anunció que la cita enogastronómica se celebrará en el Mercado de San Antonio de Tui ante la previsión de lluvia
Nueva confirmación para el festival que convertirá Nigrán durante dos días en el "Paraíso del Perreo". Es el cuarto artista confirmado para esta edición
La Diputación también organiza visitas guiadas al recinto del Castillo, tanto para escolares como para el público en general
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL