Jazz na beira do mar. Ese é o plan que o Concello de Moaña propón para o ecuador do mes de agosto. O Festival de Jazz de Moaña volverá celebrarse no Arboredo da Xunqueira, xunto á praia, os próximos 13 e 14 de agosto cun cartel que, dende a organización, clasifican como “de primeiro nivel”.
O evento, que comezou a súa andaina fai un lustro, foi escenario de grandes nomes da escea jazzistica galega, nacional e internacional, como son Xan Campos Trío, Mayte Alguacil Quartet, Iago Fernández Quartet, Kurt Rosenwinkle, Michael Kanan, Greg Hutchinson, Horacio Fumero, Jure Pukl, Melissa Aldana ou Jorge Rossi. Agora, na celebración do seu quinto aniversario neste 2021, aínda marcado pola crise sanitaria, o festival arrancará o venres 13 ás 21:00 horas co cuarteto do trompetista francés afincado en Barcelona, Raynald Colom. Este estará acompañado por Tony Tixer ó piano, o galego Paco Charlín no contrabaixo e Francesco Ciniglio á batería.
A xornada do sábado dará comezo ó mediodía, en concreto ás 12:00 horas cunha sesión vermú e un concerto a cargo de Quarteto Açaí, un grupo de música brasileira formado por Felipe Villar á guitarra, Rubén Fernández á voz, Jose Manuel Díaz ó contrabaixo e Paulo Silva na batería. Pola sua parte, Juzz, o proxecto de jazz experimental e progresivo do polifacético guitarrista Virxilio da Silva, pechará o festival de novo ás 21:00 horas. A banda complétana Rosolino Marinello ó saxo tenor, Alex Salgueiro no hammond B3, Xan Campos ao Rhodes, Felix Barth ao baixo eléctrico e Iago Fernández á batería.
O festival é completamente gratuíto, aínda que require recoller entrada debido as condicións de aforo marcadas pola pandemia, e realízase grazas ó esforzo e entusiasmo da organización, que está a cargo da Asociación de Jazz de Moaña, o Concello de Moaña e Moaña Son de Mar. Os convites para asistir xa se poden reservar na Oficina de Turismo de Moaña, ben de xeito presencial ou tamén por teléfono, chamando ao 609 746 170-
Baiona organiza una andaina saludable. Es una actividad para promover hábitos saludables y concienciar sobre la prevención contra el cáncer de pulmón
El Rondallas Fest se celebrará en diciembre en el Pazo de Mos. Participarán diferentes agrupaciones musicales del área de Vigo
La Festa do Espumante de Melgaço promete tres intensos días de actividades. Habrá catas, showcookings, conciertos y degustaciones
Uno de los atractivos gratuitos de la Navidad de Vigo, su Belén Monumental, se podrá visitar en la Casa das Artes de forma gratuita
Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL