• Muerte Vigo
  • Investigación robos Vigo
  • Hotel Boutique
  • Ryanair Vigo
  • Furanchos
  • San Martiño
  • Parque O Porriño
  • Mercado Reciclado
  • Navidad top Portugal
  • Seguridad Halo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Fiestas

Literatura e artesanía para celebrar as Letras Galegas en Tui

Literatura e artesanía para celebrar as Letras Galegas en Tui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
10/05/2022

Literatura e artesanía tomarán esta ponte festiva as rúas e prazas de Tui con dobre celebración. Dende este sábado e até o martes a rúa Ordóñez, e as prazas do Concello e San Fernando acollerán a XXIV Feira de Artesanía. O martes no Paseo da Corredoira celébrase a XXIII Feira do Libro Galego.

A XXIV Feira de Artesanía vaise celebrar dende este sábado 14 de maio e até o martes 17 na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e San Fernando. Serán unha trintena de persoas artesáns de toda Galicia as que participarán durante catro días nesta iniciativa realizada en colaboración coa Asociación de Artesáns de Galicia.

Másnoticias

Un nuevo accidente en la A-55 deja un camión atravesado y en llamas en dirección a Tui

Un nuevo accidente en la A-55 deja un camión atravesado y en llamas en dirección a Tui

07/11/2025
Desvelada la fecha del particular Mercado de Nadal del sur de Galicia que "dibuja el camino a O Rosal"

Desvelada la fecha del particular Mercado de Nadal del sur de Galicia que "dibuja el camino a O Rosal"

07/11/2025

Nos diferentes postos poderemos atopar xoiería, carpintería, marroquinería, ourivaría, cestería, encaixe, instrumentos musicais, xoguetes, complementos de moda…. A artesanía local estará presente nos postos de catro persoas artesáns de Tui, ás que se sumarán a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño que estará palillando  na rúa Ordóñez.

Cómpre destacar que na praza do Concello, en colaboración coa Fundación Artesanía de Galicia, haberá sete obradoiros e demostracións de oficios durante a feira.

Amais Cucapuntoes realizará obradoiros de ganchillo nos que os participantes poderán elaborar unha funda de móbil, un bolso de rede, ou marcapáxinas de bolboreta. É recomendable inscribirse previamente en salomefmoldes@gmail.com, xa que as prazas son limitadas.

Non faltarán tampouco as actividades de animación co grupo Seixos Albos de Areas (sábado ás 12:30 horas), O Mosteiro de Pexegueiro (sábado ás 19:00 horas), Santa Columba de Ribadelouro (domingo ás 12:30 horas), A Insua de Caldelas (domingo ás 19:00 horas) e as pandereteiras da Asociación Cultural San Telmo (martes ás 19:30  horas).  A gastronomía estará presente nestes días cun posto de cervexa artesá con Menduíña (sábado), Meiga (domingo) e Trisk-Ale (luns e martes), e coa empanadillas artesás de Vionkas Bake.

XXIII Feira do Libro Galego

O martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase unha nova edición da Feira do Libro Galego coa participación das librarías locais Iris e Espazo Lector Nobel.  Nos andeis dos seus postos estarán presentes os libros do homenaxeado deste ano Florencio Delgado Gurriarán, xunto a grandes clásicos das nosas letras e novos e novas autoras. Na ofertan que presentarán ambos establecementos haberá títulos para todos os públicos e idades, cun amplo abano de xéneros, dende poesía, a novela, viaxes, ou cociña cun 10% de desconto.

A escritora Sonia Mirón, autora de “Si tu quieres” o “Mi corazón en una caja de Zapatos” será a encargada de dar lectura ao pregón da feira o martes ás 11:30 horas, asinando a continuación exemplares dos seus libros. Ás 12:30 horas a actriz, narradora e directora teatral Bea Campos achegará o público o contacontos “Os tres porquiños”. Xunto a Manuel Campos presentará este espectáculo no que se mestura teatro, xogos tradicionais e música en directo.  Pola tarde, ás 18:30 horas, será a quenda de Magín Blanco co seu espectáculo “Caderno de cores e cancións”, no que xunto ao músico Pablo Vidal, realizará un percorrido pola creación musical e literaria das cancións dende os trobadores.

Por último ás 21:00 horas a Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e o Grupo de Baile Lembranzas da Terra ofreceran un concerto especial e inédito no que participarán un centenar de persoas destas agrupacións,  que se unen por primeira vez nun proxecto. O director da Banda de Música Popular de Tui, Eloy Carrera explicaba que durante algo máis dunha hora interpretarán “música de compositores galegos, e música galega, sobre todo música tradicional”.

Programación

XXIV Feira de Artesanía

Do sábado 14 ao martes 17 na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e de San Fernando

  • Trinta postos de exposición e venda de artesanía
  • Horario da Feira
    • Sábado 14 de 12 a 22 h
      • Ás 12.30 h Seixos Albos de
      • Ás 19.00 O Mosteiro de Pexegueiro
    • Domingo 15 de 11 a  22 h
      • Ás 12.30 h Santa Columba de Ribadelouro
      • Ás 19.00 h A Insua de Caldelas
    • Luns 16 de 12 a 22 h
    • Martes 17 de 11 a 22 h
      • Ás 19.30 h pandereteiras da Asociación Cultural San Telmo
    • Talleres artesanais gratuítos e demostracións de oficios na praza do Concello
    • Talleres artesanais de agulla de gancho a cargo do obradoiro Cucapuntoes.
    • Sábado 14 ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de funda de móbil.
    • Domingo 15 ás 11:00 e ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de bolso de rede.
    • Luns 16 ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de funda de móbil
    • Martes ás 11:00 e ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de marcapáxinas de Bolboreta.
    • Inscricions en salomefmoldes@gmail.com. Prazas limitadas

 

XXIII Feira do Libro Galego – Día das Letras Galegas

Martes, 17 de maio, no Paseo da Corredoira. Participan as librarías Espazo Lector Nobel e Iris

  • Ás 11.30 h : Inauguración e pregón a cargo da escritora Sonia Mirón. Sinatura de libros
  • Ás 12.30 h: Bea Campos con “Os tres porquiños” contacontos con monicreques
  • Ás 18.30 h: Magín Blanco con “Caderno de cores e cancións” unha proposta musical para público familiar
  • Ás 21.00 h: Concerto das Letras Galegas a cargo da Banda de Música Popular de Tui, da Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e do Grupo de Baile.
Temas: O Baixo MiñoTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Desvelada la fecha del particular Mercado de Nadal del sur de Galicia que "dibuja el camino a O Rosal"
Qué hacer

Desvelada la fecha del particular Mercado de Nadal del sur de Galicia que "dibuja el camino a O Rosal"

O Rosal ya prepara su Mercado de Nadal con zona gastro, artesanía y asociaciones sin ánimo de lucro. Pone fecha a esta "cita imprescindible"

PorAlfredo Teja
07/11/2025
Los furanchos retoman la actividad y continúan con su reapertura progresiva
Qué hacer

Fin de semana de furanchos en el área de Vigo con esta gran fiesta en Salceda

Salceda de Caselas se prepara para acoger la cuarta edición de su Festa Furancheira. Una cita gastronómica para animar el área de Vigo

PorSara Rodríguez
06/11/2025
Una gran fiesta en el área de Vigo promete verbena y un evento gastronómico
Fiestas

Una gran fiesta en el área de Vigo promete verbena y un evento gastronómico

Tomiño disfrutará en noviembre de una fiesta durante tres días. Habrá un evento gastronómico y una gran verbena

PorIván Dacal
06/11/2025
Mercado Reciclado celebra edición especial en Vigo con ropa vintage, vermú, picoteo y música
Qué hacer

Música, gastronomía, artesanía y ropa de segunda mano y vintage en el Mercado Reciclado de Vigo

Llega el tercer aniversario del Mercado Reciclado en Vigo. Habrá música, talleres, artesanía y moda de segunda mano y vintage

PorIván Dacal
06/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X