• Incendios Ourense
  • Playa fluvial top
  • David Civera Vigo
  • Conciertos gratis
  • Parque acuático Valença
  • Fiesta Paella Tomiño
  • Planes Finde
  • Fiestas gastro Galicia
  • Planes Rías Baixas
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Magosto, concursos ou unha mostra de cogomelos para celebrar San Alberte na UVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
08/11/2022

Como cada outono, as facultades de Bioloxía, Química e Ciencias do Mar implícanse conxuntamente na celebración do seu patrón, San Alberte. Ao longo desta semana os tres centros organizan unha morea de actividades tanto divulgativas como culturais e lúdicas que arrancaban este  luns coa apertura da exposición de cogomelos, que se poderá visitar no vestíbulo do edificio de Ciencias Experimentais ata o venres da man de MycoGalicia Plantae.

Paralelamente a esta actividade, o xoves 10 de novembro ás 12:00 horas no salón de graos terá lugar unha conferencia da profesora xubilada e experta en micoloxía Marisa Castro, na que abordará a historia da micoloxía en Galicia e o papel das mulleres. Ademais, o programa de actividades comprende o tradicional concurso de fotografía científica, así como un novo certame de vídeos divulgativos científicos e un acto institucional que se celebrará o venres 11 e no que se entregarán os premios aos gañadores dos concurso. Tamén  terá lugar unha mesa redonda e un relatorio co catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo como principal convidado.

Másnoticias

GALERÍA | Un Castrelos "buen rollero" con Ali Campbell en imágenes

15/08/2025

El ritmo reggae toma Vigo, ahora sí, con Ali Campbell en Castrelos

15/08/2025

O evento arrancará ás 11:30 horas no salón de actos cunha mesa de debate sobre a situación da investigación en Galicia da man de Carracedo xunto coa catedrática de Enxeñaría Química da UVigo Ángeles Sanromán e a profesora de Química Física da UVigo Isabel Pastoriza. Ás 12:30 horas Carracedo impartirá un relatorio sobre medicina personalizada e xenómica. Ás 13:30 horas se procederá á entrega de premios aos gañadores dos concursos e posteriormente, organizado polas delegacións de estudantes das tres facultades, celebrarase un magosto con xogos populares.

Concurso de fotografía científica

Unhas das actividades con máis tradición do San Alberte é o Concurso de Fotografía Científica, que este ano celebra a súa décimo novena edición. Organizado polo decanato da Facultade de Bioloxía, o prazo de presentación de traballos está aberto ata este mércores día 9 de novembro. Poderán presentarse imaxes de calquera temática sempre e cando estean relacionadas co eido científico e cada participante poderá presentar un máximo de tres propostas, tanto en branco e negro como en cor e realizadas con calquera técnica, sempre e cando sexan inéditas.

O tamaño mínimo das fotografías será de 10 x 15 cm e o máximo de 20 x 30 cm. As obras deberán ir montadas sobre cartolina, cun marco de polo menos 2 cm onde figurará o título da obra. Cada participante entregará dous sobres cerrados: un deles, marcado externamente coa palabra “obra”, conterá as obras identificadas cun pseudónimo; no outro sobre, indicarase externamente o “pseudónimo elixido”, e incluirá o nome do autor, teléfono e correo electrónico. As obras depositaranse na Biblioteca do Edificio de Ciencias Experimentais.

O xurado, que estará composto por representantes do PDI, do PAS e do alumnado, elixirá un primeiro e un segundo premio e dous accésits. A persoa gañadora recibirá 300 euros, a segunda clasificada 200 euros e cada un dos accésits 100 euros. O día 11, ademais de entregarse os premios aos traballos gañadores, inaugurarase unha exposición coas obras presentadas.

Primeira edición do Concurso de vídeos divulgativos

Unha das novidades deste San Alberte 2022 é o concurso de vídeos divulgativos, unha iniciativa que vén a completar a oferta de actividades das facultades de Bioloxía, Química e Ciencias do Mar. O obxectivo, explican dende os decanatos, é “dar visibilidade ao traballo realizado nos nosos laboratorios e fomentar a divulgación científica”, polo que o certame está aberto a toda a comunidade universitaria, sempre a cando o vídeo verse sobre algunha investigación, proxecto ou contido científico ou tecnolóxico.

Cada participante poderá presentar ata dúas pezas audiovisuais, en formato mp4 e cunha duración máxima de 10 minutos podendo estar tanto en galego como en español ou inglés. O xurado, que estará composto por representantes do PDI, do PAS e do alumnado, elixirá os tres mellores traballos e o primeiro clasificado recibirá como premio unha cámara GoPro Hero + LCD. O segundo premio consistirá nunha cámara Sony Cybershot DSC-W830B e o terceiro nun anel de luz led 14” Neewer RL-1.

Para poder participar, deberanse enviar os vídeos ou a ligazón de descarga á conta de correo electrónico decanatoquimica@uvigo.es indicando no asunto Participación no concurso de vídeos. No corpo do correo será necesario indicar o nome e apelidos completos, DNI e un teléfono de contacto, preferiblemente o teléfono móbil. Os vídeos poderán enviarse ata as 12:00 horas do 10 de novembro e as persoas gañadoras anunciaranse nas redes sociais das facultades e no acto de San Alberte do día 11.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Qué hacer

Vuelve la Festa da Paella de Tomiño con tapas, conciertos y sorteos

...

PorIván Dacal
15/08/2025
Foto: Concello de Poio
Fiestas

Dos de los artistas más conocidos del pop de los 2000 actuarán gratis a 40 minutos de Vigo

...

PorIván Dacal
15/08/2025
Foto: David Civera
Fiestas

David Civera aterriza en Vigo con sus grandes éxitos, desde "Dile que la quiero" a "Bye Bye"

...

PorIván Dacal
15/08/2025
Qué hacer

Último fin de semana para disfrutar de uno de los parques acuáticos del norte de Portugal

...

PorIván Dacal
15/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

14agoTodo el díaProgramación de las Fiestas de San Roque de Vigo 2025FIESTAS | VIGO

16ago20:00Festa Gastronómica do Miño en TuiFIESTAS | TUI

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X