• Futura hamburguesería Vigo
  • Apertura en Vigo
  • Cierre en Churruca
  • Ruta gastro Vigo
  • Oferta Vueling
  • Fiesta náutica
  • Festa da Sidra Vigo
  • Investigación Baiona
  • Entradas Celta Europa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

Marco Maril, Nico Casal, Verde Prato, Nacho·Faia·Lar, rebe e Adrian Timms súmanse ao Sinsal Museo do Mar

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
11/11/2021

Tres xornadas de concertos que aúnan tradición e vangarda entre os días 13 e 21 de novembro. Así será o novo Sinsal Museo do Mar, o ciclo de Sinsalaudio que se celebrará a partir deste sábado na cidade de Vigo e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22. Xunto ao concerto inaugural de Luísa Sobral, que terá lugar o vindeiro sábado 13 no Teatro García Barbón, artistas como Nico Casal, Marco Maril, Verde Prato, rebe, Nacho.Faia.Lar e Adrian Timms sumaranse a semana que vén ao evento, que amplía a súa programación con dúas xornadas de celebración no Museo do Mar. Precisamente na xornada de onte o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o co-director de Sinsalaudio, Luis Campos, visitaron da man do arquelógo Vicente Caramés as instalacións nas que se desenvolverán os concertos da fin de semana que vén.

Sinsal Museo do Mar comezará este sábado 13 cun concerto inaugural de Luísa Sobral, unha das voces novas máis salientables da escena musical portuguesa. As creacións da cantante e compositora transitan entre os universos sonoros do jazz, do folk ou do indie, dos que dará boa conta no directo que ofrecerá no Teatro Afundación, e para o que todavía quedan entradas a través da web de Ataquilla. Sobral presentará en Vigo un repertorio no que destaca Rosa (2018), traballo íntimo e cru producido por Raül Refree, ou Luísa (2016), disco aclamado pola crítica portuguesa.

Másnoticias

Vigo se despide de uno de sus templos de la noche y la música en la ciudad

18/09/2025

Vigo gana una nueva ruta gastronómica con tapas llenas de fantasía para el público más 'freak'

18/09/2025

O ciclo completará a súa programación cos novos directos que se celebrarán no Museo do Mar na tarde do sábado 20 (17.15 a 22.00 horas) e na mañá do domingo 21 (13.00 a 14.00 horas) e para os que xa está activa a venda de entradas en enterticket.es. Unha ampla variedade estilística fiada pola contemporaneidade, a proximidade e as voces femininas definen esta programación, que recolle propostas diversas e pouco habituais no circuíto das salas de concertos ou festivais e varias estreas ante o público vigués.

O recinto museístico contará con dous escenarios, situados nas salas Curiosidades científicas e Lonxa, nos que se sucederán os concertos ao longo da tarde. Na primeira das salas, a máis pequena das dúas, terán lugar as actuacións en acústico do compositor e produtor británico residente en Vigo Adrian Timms e dunha das revelacións da escena actual: a poliédrica e hipnótica rebe.

A sala de maior capacidade, Lonxa, acollerá na tarde do sábado 20 os concertos do músico e artista sonoro Marco Maril, que presentará por primeira vez en Vigo o seu último disco, 15.11.18, inspirado precisamente no Museo do Mar; Verde Prato, unha das máximas expoñentes da xeración de artistas que está a recuperar e reformular a tradición popular vasca da man de elementos electrónicos, debutará na cidade; e Nacho·Faia·Lar, o novo proxecto dos recoñecidos músicos Nacho Muñoz, Faia e Lar Legido. Ao día seguinte, ás 13.00 horas do día 21, o pianista e compositor galego de bandas sonoras Nico Casal ofrecerá o seu primeiro concerto na cidade olívica.

Catro tipos de entrada para o Museo do Mar

Xunto aos nomes que completan o cartel, outra das novidades deste Sinsal Museo do Mar é que a organización ofrecerá catro tipos de entrada, á venda desde hoxe mesmo: un bono para asistir a todos os concertos do sábado 20 (25 euros), entradas para público maior de 12 anos (8 euros cada sesión), billetes para menores de 12 anos ou desa idade no momento de celebración (3 euros) e, finalmente, entrada de balde para as e os menores de 3 anos. Á hora de realizar a compra na plataforma Enterticket, o público poderá escoller o tipo de billete que lle interese.

Temas: conciertos en Vigoespectáculos en VigoFestival SinSalSinSalVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Qué hacer

Vigo gana una nueva ruta gastronómica con tapas llenas de fantasía para el público más 'freak'

La ruta gastronómica "Tapas Fantásticas" es una de las propuestas de la nueva edición del Galician Freaky Film Festival

PorIván Dacal
18/09/2025
Foto: Turismo de Galicia
Qué hacer

O Rosal invita a descubrir la Serra da Groba con una espectacular andaina de 10 kilómetros

O Rosal organiza una nueva "andaina interpretativa" para despedir el mes de septiembre. Así es esta ruta por la Serra da Groba

PorMetropolitano
18/09/2025
Qué hacer

O Porriño organiza una fiesta en homenaje al peregrino y al turista con música, rutas y talleres

La "Festa do Peregrino e do Turista" se celebra este sábado en el municipio. Habrá mucha música, rutas y un taller de conchas

PorMetropolitano
18/09/2025
La flota durante la etapa anterior, a su paso por el Canal de la Mancha // THOMAS CAMPION
Qué hacer

Vigo se llena de fiesta, gastronomía y música para celebrar una de las regatas míticas del mundo

Vigo ya vive inmerso en esta gran fiesta de la náutica que cuenta con food trucks, música en directo y todas estas actividades

PorCarlos I. Castrillón
18/09/2025
Enfoque

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025

Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el día05octFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

19sep(sep 19)19:0027(sep 27)23:30Galician Freaky Film Festival en VigoVIGO | FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X