Moaña, unha vila “diversa e aberta”. Con está declaración de intencións a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Coral Ríos, presentou a IV festa da Diversidade, coa que o municipio se consolida como referente de tolerancia nas Rías Baixas.
A cita deste ano desenvolverase con diferentes actividades paralelas, dende unha exposición até unha intervención artística que terán como punto central o xa habitual concerto no arboredo da Xunqueira. A música correrá este ano a cargo de Broken Peach, o grupo vigués que descarga vitalidade e paixón sobre o escenario coas súas versións de rock e soul mesturado co seu característico e eléctrico estilo. A cita terá lugar o sábado 5 de xuño ás 21:30 horas nunha cita presentada por María Faltri. O acceso é de balde.
Na xornada do domingo será o momento de inaugurar a acción artística desenvolvida este ano. Moaña, que xa inaugurou un banco LGTBIQ e outro trans, aposta agora por levar as cores da igualdade até a Praza de Abastos cos “Chanzos da Diversidade”. Terá lugar ás 12:30 horas e inclúe a representación teatral de “A Panda de Tirán con María Faltri”.
A maiores, a Casa da Mocidade contará até o 25 de xuño coa mostra “Vigo é nome de muller” un percorrido pola memoria trans da área metropolitana con imaxes recollidas pola asociación PVLSE na que, entre outras, protagoniza Carolina Smith xunta a moitas compañeiras que viviron os anos máis duros e de represión para este colectivo.
Co gallo de promocionar a festa, o Concello en colaboración co Club S.D. Samertolameu e a Plaza de Abastos de Moaña elaborou un vídeo promocional coa música de Ojete Calor e protagonizado por veciños e veciñas do municipio para defender a igualdade. Acumula xa un importante impacto en redes sociais celebrando a diversidade tamén online.
Los amantes del baile no pueden perderse el Festival de Verano de Meraki Community, organizado por Antía Caride y Julio Vizcaino
O Rosal acaba de presentar su Feira do Viño, una de las fiestas más top del área de Vigo. Consulta todo lo que ofrecerá este mes
El Concello de Vilagarcía anunció el concierto gratuito de David Bustamante por las Fiestas de San Roque. Consulta la fecha y hora
El Eixo Atlántico lanza por primera vez este concurso fotográfico que permite hacer noche en dos parajes de Viana do Castelo y Sarria
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL