Moaña organiza unha feira dedicada aos hábitos e vida saudable para deixar atrás o estrés

Publicidad

O 60% dos traballadores sofre de estrés laboral, segundo o INE. O ritmo de vida, o excesivo abuso das pantallas e a mala xestión da presión pode empeorar a nosa saúde física e mental. Para contribuír a un cambio de hábitos e ensinarnos a coidarnos “física, mental e espiritualmente”, o Concello de Moaña organiza a segunda edición da Feira da Vida Saudable, unha innovadora iniciativa que anímanos a “tomarnos en serio a saúde”.

“Este ano propoñemos unha nova xornada para compartir con moitas actividades relacionadas cos hábitos de vida saudable, o benestar ten que ser global”, explica a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Coral Ríos. Con este obxectivo, a cita terá lugar o domingo 12 de xuño nun entorno como o arboredo da Xunqueira, rodeados de natureza e coa praia a como paisaxe de fondo para mergullarnos por completo nunha xornada de paz física e mental.

A cita repetirá actividades como Kundalini Ioga, Ioga para familias, meditación, Biodanza, flashmob de Bollywood ou un concerto meditativo. E se estes termos sonlle alleos, quizais paga a pena darlle unha oportunidade e achegarse a Moaña para coñecer esta nova perspectiva da vida.

A feira comezará ás 11:00 horas e prolongarase até a noitiña. Entre tanto, ademais das actividades, tamén haberá unha charla sobre nutrición ás 12:30 horas con Carla Freire. Para a rapazada organízase un rastrexo así como xogos e obradoiros de reciclaxe, de comida saudable e de plantación de sementes, así como xogos con retos saudables. Ningunha das actividades require inscrición previa.

Salir de la versión móvil