A vila de Moaña irmándase este mércores 4 de agosto con Portugal para ofrecer unha noite especial de paixón, sentimento e corazón coa súa “Noite de Fados”, cita musical enmarcada na programación de verán da concelleira de Promoción Económica e Turismo que dirixe Coral Ríos.
A Noite de Fados de Moaña coa que Portugal soará mais preto que nunca terá lugar no Eirao do Ferreiro, un recuncho máxico coa Ría de Vigo como pano de fondo en pleno centro da vila (Avenida de Concepción Arenal, 19). O Fado, Patrimonio da Humanidade pola Unesco, encherá de sentimento a noite a partir de 21:30 horas.
A cita estará protagonizada pola potente voz de Marlene Rodrigues, xunto a Rui Igreja Beirão na guitarra portuguesa, Darío Rocha na viola de Fado e Alex Marques no baixo, todos eles procedentes de diferentes vilas do norte do país veciño.
O aforo previsto para un centenar de persoas irase cubrindo por orde de chegada coa apertura do recinto a partir das 21:00 horas. Do control do perímetro e aforo encargarase a Protección Civil de Moaña quen medirá a temperatura dos asistentes, que sentarán en cadeiras coa distancia de seguridade ante o covid.
Una semana de actividades en Vigo para celebrar el Día de la Policía. Así será el despliegue en la ciudad con conciertos y exhibiciones
Vigo ya saborea el fin de semana, y nunca mejor dicho. Lavadores celebra su propia fiesta gastronómica con receta casera
¿Sabes que Tui tiene una gran presencia en la literatura? Descubre este patrimonio inmaterial con una ruta especial
PortAmérica despacha en apenas unas horas los 10.000 Abonos Creyentes que permitirán disfrutar de su próxima edición a precio reducido
A nave é froito do traballo de 46 estudantes de diferentes titulacións do campus - É o único representante galego na XtraChallenge 2025
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL