Preto de 250 mosenses participarán durante xullo e agosto nas actividades deportivas do programa Actívate no Verán. As actividades inclúen ximnasia na auga para adultos e natación para cativos na piscina ao aire libre de San Eleuterio e andainas os mércores e venres polas mañás.
Os cursiños de natación ao aire libre para os máis cativos impártense todos os martes e xoves en horario de 11:45 horas a 12:30 horas e van dirixidos a nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade. Nestes cursiños é necesaria inscrición previa xa que as prazas dispoñibles son limitadas.
As clases de ximnasia na auga dirixidas á poboación en xeral celébranse tamén os martes e xoves, en horario de 11:00 horas a 11:45 horas na piscina ao aire libre de San Eleuterio.
As andainas realízanse os mércores e venres a partir das 10 da mañá nos diferentes parques do municipio comezando polo parque de Torroso.
Estas actividades realízanse nos meses de xullo e agosto e precisan de inscrición previa, xa que as prazas son limitadas. O programa deportivo Actívate no Verán iniciouse o pasado 2 de maio con clases de Zumba ao aire libre. O curso de zumba desenvólvese durante os meses de maio, xuño e xullo todos os martes e xoves en horario de 21:00 horas a 22:00 horas no parque de Costoias, na parroquia de Tameiga.
El penúltimo fin de semana de julio llega con citas imprescindibles del verano vigués y opciones para todos los gustos. ¡Toma nota!
Vigo se prepara para disfrutar de la Romería de San Roque. David Civera es el gran bombazo de un programa con conciertos, sesión vermú o comida
Monçao celebra este fin de semana una fiesta gastronómica especial, la de "la Rosca e do Papudo". ¡Este es su programa!
Vigo podrá disfrutar este sábado del Inmersa Dance Fest, que pondrá a bailar a las personas que se acerquen hasta Porta do Sol
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL