O Concello de Nigrán vén de informar sobre o aprazamento dos concertos de Carlos Núñez previstos para esta fin de semana no miradoiro de Monteferro. As citas, que se deberían celebrar este sábado 15 e o domingo 16 ao solpor quedan agora adiadas debido á previsión de choivas.
Os concertos están aprazados, que non suspendidos, polo que as novas datas serán anunciadas nos vindeiros días. As entradas manteñen a súa validez para a súa reprogramación, polo que os que xa as adquiriran non teñen que facer nada se desexan acudir na nova data elixida. Aquela persoa que o desexe pode solicitar desde xa a devolución do importe pagado indicando a través de Ataquilla o enderezo de correo electrónico co que se realizou a compra e a referencia das entradas.
Igualmente, unha vez se anuncie o día ao que se trasladan os eventos, en caso de haber entradas dispoñibles, estas volverán a poñerse á venda a través de Ataquilla (para a sesión do solpor do día 15 de agosto estaban esgotadas).
A Guarda pide colaboración para mantener la Navidad de Ferrero Rocher en Galicia. Buscan figurantes para defender su candidatura con un vídeo
La parroquia de Arantei se prepara para celebrar la XXV edición de la Festa do Viño Novo. Serán dos jornadas con mucho vino y comida
Tardes de cine en A Ramallosa cada sábado con películas familiares. Arranca el ciclo de cine familiar en Nigrán y esta será su cartelera
Este sábado recorre Bueu un llamativo desfile de Entroido. Este concello acoge el I Encontro de Entroidos del sur de la provincia de Pontevedra
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL