• Adiós en Vigo
  • Posible acoso Vigo
  • Obras Balaídos
  • Transformación Porriño
  • Plan Navidad Vigo
  • Cocido A Cañiza
  • Festa Mazá Vigo
  • Hotel Rías Baixas
  • Casting Netflix Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

O Festival de Cans fará na súa nova edición un documental sobre as mulleres feirantas

O Festival de Cans fará na súa nova edición un documental sobre as mulleres feirantas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/03/2022

Unha das sección máis participativas do Festival de Cans, o obradoiro de iniciación á gravación, edición e montaxe Cans 303, un proxecto promovido pola organización e conducido polo realizador Juanma Lodo, volve ao formato presencial nesta XIX edición que se celebra do 18 ao 21 de maio, recuperando as datas orixinais do festival. Das testemuñas sobre os negocios prohibidos do contrabando durante a posguerra, recollidos en Mulleres no estraperlo e estreada na pasada edición, a mirada do documental diríxese este ano cara ás mulleres feirantas de Cans, aquelas que vendían os seus xéneros, tecidos ou rosquillas en festas e mercados ambulantes.

Cans é unha aldea de gran tradición de feirantas, sobre todo nalgúns barrios como o da Carreira ou o Castillo. Nalgunhas casas hai ata tres xeracións de mulleres dedicadas a vender de xeito itinerante, unha tradición que se remonta á segunda metade do século XX e que chega ata os nosos días. Hai máis de 20 feirantas documentadas en Cans o que servirá como punto de arranque do documental que afondará neste modo de vida, onde as mulleres son unha das bases da economía familiar, coa intención de poñelas no centro do relato.

Másnoticias

Pasarela de madera y un recorrido circular, así pone O Porriño en valor la "Lagoa de Orbenlle"

Pasarela de madera y un recorrido circular, así pone O Porriño en valor la "Lagoa de Orbenlle"

23/10/2025
O Porriño reformará el velódromo para crear en un espacio referente del deporte urbano

O Porriño reformará el velódromo para crear en un espacio referente del deporte urbano

23/10/2025

Como en anos anteriores, o curso pretende rescatar un anaco da memoria da aldea, para así indagar nalgúns momentos da súa historia, recoller os recordos das persoas de maior idade e promover a recuperación dun arquivo multimedia que contribúa a preservar a memoria e o patrimonio documental de Cans. Con ese obxectivo, a organización fai un chamamento para que calquera persoa do Concello do Porriño ou arredores que coñeza a historia dalgunha destas mulleres e poida aportar información ou documentos fotográficos e/ou audiovisuais se poña en contacto co festival.

O artista multidisciplinar Juanma Lodo, que ten filmado coas persoas participantes no obradoiro os bares, a canteira ou a música locais, retomará este ano as clases presenciais que se desenvolverán todos os sábados pola mañá, entre as 10 e as 13,00 horas dos meses de marzo, abril e maio ata a celebración do festival. Quedan aínda prazas para se inscribir a un prezo de 40€, cun desconto do 50% para estudantes de audiovisual, persoas que colaboren na organización do festival e socias da AA.VV. O Castelo de Cans.

As persoas interesadas en presentar candidatura ao curso ou enviar información acerca das mulleres feriantas, poden facelo a través do correo electrónico cans303@festivaldecans.com, por mensaxe privada nas redes sociais do festival ou ben chamando ao número de teléfono 679 433 076. O prazo de inscrición finaliza o próximo martes, 22 de marzo, ás 00:00 horas.

Temas: A LouriñaFestival de Cansfestivales de cinefestivales de cine en Galiciafestivales en GaliciaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

The Telegraph elige Vigo entre los destinos mundiales de 2024: ¡Qué vida tienen los vigueses!
Qué hacer

Organizan una ruta por Vigo a través de los pisos turísticos del Casco Vello

Un particular 'free tour' en Vigo para ver cómo los pisos turísticos afectan al Casco Vello. Así es esta propuesta gratuita y reivindicativa

PorAlfredo Teja
24/10/2025
El 'universo Julio Verne' y su conexión con Vigo aterrizan en Pontevedra con una llamativa propuesta
Qué hacer

El 'universo Julio Verne' y su conexión con Vigo aterrizan en Pontevedra con una llamativa propuesta

Llega a Galicia la obra inspirada en la literatura de Julio Verne. "Verne" es una contemporánea propuesta que muestra la visión de futuro que tenía el autor

PorSara Rodríguez
24/10/2025
Concurso de postres, música y sidra para disfrutar de la Festa da Mazá de Vigo
Qué hacer

Concurso de postres, música y sidra para disfrutar de la Festa da Mazá de Vigo

Vigo acoge este fin de semana la segunda edición de la Festa da Mazá. ¡Esto es todo lo que proponen en un día!

PorPaula Carballo
23/10/2025
La nueva película de Vaca Films busca figurantes “urgentemente” en Galicia
Qué hacer

Un casting "masivo" busca muchos figurantes para el rodaje de una serie en Galicia

Abierto un casting para encontrar muchos figurantes para el rodaje de una serie en Galicia. ¡Este es el perfil que se busca!

PorIván Dacal
23/10/2025
As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo
Enfoque

As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

PorUxía Pérez
23/10/2025

A toma de posesión celebrouse este xoves no edificio Ernestina Otero - Elas representan o 62,5% das novas catedráticas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X