Alertas
domingo, 14 de agosto 2022
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

O Festival de Cans pecha as súas “15 primaveras”

O crecemento imparable do Festival de Cans
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
26/05/2018

O Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes. Ás 23h00 desvelarase no Torreiro cales son as obras que acadan un lugar no palmarés de entre as diferentes seccións que o público terá oportunidade de ver nos baixos e jalpóns ao longo do día: Ficción, Animación e Non ficción (FuraCans). Ademais do filme gañador en cada unha destas categorías, premiaranse as mellores interpretacións masculina e feminina, a mellor realización, o mellor guion, a mellor banda sonora, o premio do público e o premio do xurado dos veciños. Estes galardóns uniranse ao que coñecimos onte: “Omertá”, de Gero Costas para BALA, foi a peza premiada polo xurado de videoclips.

Ao remate da gala os míticos rockeiros madrileños Burning serán os encargados de poñer o broche de ouro ao Festival co seu repertorio cheo de clásicos, pechando un día que ten tamén como momentos moi esperados os Coloquios na Leira con Fernando Trueba (ás 12h00) e Gracia Querejeta (ás 17h00). Por primeiro ano esta sección está presente en Cans por partida dobre, dando ao público a oportunidade de escoitar as experiencias e opinións destas dúas grandes figuras do cine español. Ambos cineastas colocarán tamén a súa estrela no Torreiro ao remate dos seus coloquios.

Másnoticias

Deporte, muchas fiestas gastronómicas y verbeneo: 15 planes para el segundo finde de agosto

Deporte, muchas fiestas gastronómicas y verbeneo: 15 planes para el segundo finde de agosto

12/08/2022
O Porriño sacará a concurso la limpieza viaria y desbroce de las parroquias del rural

O Porriño sacará a concurso la limpieza viaria y desbroce de las parroquias del rural

11/08/2022

Este equilibrio entre o cinema e a música mantense no resto do programa do día, especialmente nos dous eventos que a unen no Invernadoiro de Mucha do Peso. Kevin Weatherill, líder dos históricos Immaculate Fools, actuará alí despois de participar na presentación dun avance de Kevin vs. Ray, o documental sobre a súa vida que prepararan os galegos Eduardo Herrero e Manuel Lemos. Tamén terá lugar no Invernadoiro a proxección da primeira retrospectiva de videoclips de Rubén Domínguez, figura esencial do underground galego recente, que dará un concerto con Pantis, o seu proxecto de pop electrónico. O programa musical complétase co folk das Tanxugueiras, o rock and roll de Familia Caamagno, o soul de autor de Pardo ou a electrónica vocal de MounQup, ademais das actuacións da Banda de Música de Rubiós e a Charanga Nova Jomada, ou as Sesións Discochimpín para continuar a festa, a cargo dos DJs Rafa Morcego e Edu Romero. Sen esquecer o xa clásico roteiro musical CanSonoro que Xurxo Souto conducirá á mañá polos camiños da aldea, acompañado polos acordeonistas Acordecans.

Pola outra banda, na parte cinematográfica destaca a estrea, tamén no Invernadoiro, de Sevilla y Gomorra, a opera prima de Ángel Filgueira. Este cineasta redondelán presenta un filme de espírito xuvenil, resultado do intento de capturar a estrañeza da Sevilla que coñeceu como estudante de intercambio e as reflexións dos “filósofos borrachos” que alí atopou. Non será a única sesión de audiovisual fóra de concurso do sábado: ás 10h30 o Jalpón de Alicia acollerá Contra o lume, unha proxección de pezas audiovisuais realizadas arredor do desastre ambiental que supoñen os incendios e coa que se pretende provocar unha reflexión crítica permanente sobre o futuro do noso territorio. Tamén terá lugar no Jalpón de Alicia, ás 20h30, ExtraCans, a sesión de curtas internacionais con vínculos profesionais a Galicia, que achega a Cans curtas de cineastas de Brasil, Italia ou Líbano.

https://www.youtube.com/watch?v=oXgXwWD81Vg

O día grande de MiniCans

Unha das apostas máis fortes do Festival de Cans para esta edición deuse na programación infantil, co MiniCans máis completo da súa historia. O entorno do Parque do Río conta con postos de comida e parque infantil para facilitar o desfrute continuo da rapazada, que poderá tamén participar en actividades do máis diverso, todas arredor do cinema. Haberá maxia co espectáculo O cinemagomago, onde o Mago Paco elabora os seus trucos partindo de secuencias de cine. Haberá música co tamén máxico theremin de Paulo Nimoy, que en Therefilme poñerá banda sonora en directo a diferentes imaxes para explicar a relación entre o sonoro e o visual. Tamén Unha vida de cine, un contacontos ilustrado sobre María Casares de Polo Correo do Vento. Durante toda a tarde, ademais, estará aparcada en Cans A Caixiña dos Mistos, unha caravana adaptada e pensada para ofrecer a nenos e nenas a súa primeira experiencia de cine, en paralelo a un obradoiro de curtametraxes impartido por Mr. Misto.

Completan o programa infantil de Cans dous dos grandes protagonistas do festival: Chelo Loureiro e Magín Blanco. Ás 20h30 poderemos ver no Cuberto de Antonio unha sesión de curtas producidas pola homenaxeada co Premio Pedigree nesta edición do Festival, que ten como parte fundamental do seu traballo obras para nenos e nenas celebradas pola súa calidade. É algo común ao traballo de Magín Blanco, que nos últimos quince anos foi centrando a súa carreira no público familiar. Ás 13h00 desfrutaremos dun concerto e unha retrospectiva de vídeos do autor de “Cans & Cadelas”, a canción oficial desta edición do Festival, que sonará tamén por primeira vez en directo en Cans.

Temas: A LouriñaCineFestival de CansFestival de Cans 2018festivalesfestivales de cineO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

“Voy a pasármelo bien”, “Venezia” o “Devuélveme a mi chica”, así sonará Hombres G en Castrelos
Música

“Voy a pasármelo bien”, “Venezia” o “Devuélveme a mi chica”, así sonará Hombres G en Castrelos

...

PorCarlos I. Castrillón
13/08/2022
Qué hacer

Cuenta atrás para el regreso del “Humor Amarillo” de Ponteareas con su Pau de Sebo

...

PorMetropolitano
13/08/2022
Redondela recupera la memoria de San Simón con visitas a la isla que fue campo de concentración
Qué hacer

Redondela recupera la memoria de San Simón con visitas a la isla que fue campo de concentración

...

PorMetropolitano
13/08/2022
Vuelven las carrilanas a Nigrán con una cita que estrena recorrido a más de 100 km/hora
Qué hacer

Vuelven las carrilanas a Nigrán con una cita que estrena recorrido a más de 100 km/hora

...

PorMetropolitano
13/08/2022
La UVigo repartirá 45.000€ en becas a los mejores estudiantes
Enfoque

Dous profesores da UVigo, nominados aos Premios Educa a Mellor Docente de España

PorMetropolitano
04/08/2022

Os docentes da UVigo María Asunción Lorenzo Rial e Javier Martínez Torres optan ao galardón de mellores profesores de España

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X