O folclore de Son Moañesa celebra a súa cuarta edición este sábado





A Agrupación Cultural Moañesa de Música e Danza celebra este sábado, 11 de agosto, o festival folclórico “Son Moañesa”, un evento que busca promover, recuperar e difundir o folclore e a cultura popular galega.

A cita, que se celebrará no Palco da Música de Moaña, arrancará ás 21:30 horas co desfile dos grupos participantes dende a Estación Marítima ao Palco, onde darán comezo as actuacións.

Na súa cuarta edición, “Son Moañesa” recibirá ao grupo da Asociación cultural Brisas do Quenllo, que nace no ano 1998 en A Pontragha-Numide, no Concello de Tordoia. Constituída por 40 persoas, con varios grupos de tocadores e tocadoras, baile, banda de gaitas, acordeóns e zanfonas, Brisas do Quenllo participará no festival xunto aos organizadores.

O Festival “Son Moañesa 2018”, enmarcado dentro da programación de “Días de Mar”, está organizado pola A.C. Moañesa de Música e Danza, e conta coa colaboración do Concello de Moaña a través da Concellerías de Cultura e Turismo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*