A Praza do Seixo acolle este sábado 13 de xullo unha nova edición do “Barrantes Folk”, un festival organizado pola Banda de Gaitas San Vicente de Barrantes e patrocinado pola asociación veciñal do mesmo nome e o Concello de Tomiño. A cita musical forma parte do ciclo “O son da Praza”.
O festival, que será de balde para todos os públicos, comezará ás 22:30 horas e contará coa actuación da propia banda de Barrantes, o grupo “Lirolai” de O Rosal, e a Coral San Telmo, de Tui, coma agrupación convidada.
A nova axenda de verán do Concello reúne máis de 60 propostas culturais e deportivas organizadas desde diferentes áreas, que da como resultado un programa de actividades transversal e integrador, no que teñen cabida todas as citas relacionadas coa cultura, o deporte, a mocidade, o voluntariado ou o patrimonio.
A programación aglutina todas as actividades organizadas no municipio para o vindeiro trimestre; actividades que forman parte da recente editada axenda en papel, a mesma que recolle máis de 60 espectáculos ou outros eventos que se levarán a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro de 2019.
Dentro desta proposta, destacan os ciclos de música “O Son da Praza” e “Cine na rúa”, ambos os dous na Praza do Seixo, que traen espectáculo e colorido á Praza do Seixo ao longo de todo o verán, con concertos de música, baile tradicional galego, cine familiar e infantil. “O Son da Praza” continuará con dous espectáculos máis no mes de xullo, a segunda edición do Festival “Vaideson”, organizado pola Asociación Cultural Escola de Gaitas e Danza Virxe do Alivio (20 de xullo) e o XVI Encontro dos Pobos organizado polo Grupo de Baile a Gaitas “Do Lusco ó Fusco” de A Guarda.
En agosto o ciclo traerá a música de “Gara Quartet” (2 de agosto), “Best Boy” (3 de agosto), The Tetas’ Van (9 de agosto), “Os Meninos” (10 de agosto), Festival Infantil Virxe do Alivio (17 de agosto), “Áureas” (23 de agosto) e “Antifrágil” (24 de agosto).
Lanzan una nueva escapada gratis por las Rías Baixas para conocer sus tesoros y su biodiversidad. No te pierdas "Voando nas Rías Baixas"
Baiona acoge una asombrosa muestra de modelismo naval. Un centenar de barcos históricos que solo estarán a la vista por unos días
Vigo disfrutará del 8 al 11 de junio de la Fiesta del Cine. Consulta las películas y las salas donde disfrutar de los descuentos
Nigrán acoge un evento solidario a favor de Palestina. Se trata de un acto que contará con una comida solidaria, actuaciones y mucho más
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL