Tomiño está de estrea esta fin de semana. O Grupo San Roquiño proxecta por primeira vez a súa última longametraxe, ‘Goián vaciado’, unha historia na que a veciñanza interpreta aos personaxes máis variadas para pasar unha tarde cargada de risas, humor e sátira.
A trama da película xira arredor da crecente despoboación de Goián. Esquecida queda a época dourada que viviu décadas atrás. Berce do luxo e o glamour, ata alí achegábanse cada verán multimillonarios internacionais, excéntricos aristócratas e a chamada jet set para desfrutar da imaxe e gastronomía. Un Goián que non durmía, repleto de festas, excesos e ostentación que co pasar dos anos foi languidecendo abandonado por esas celebrities que buscaban novas modas e outros destinos.
Isto xunto á baixa natalidade, provocada polo envellecemento da poboación levou a Goián a un descenso demográfico tan brutal que asemella un pobo pantasma. Desesperados por reverter esa situación, os poucos veciños e veciñas que quedan, liderados pola oposición municipal, buscan unha solución e poñen en marcha un plan coa esperanza de que Goián volva recuperara a prosperidade doutra época.
Podería ser unha realidade, pero é só o título da sexta longametraxe do Grupo San Roquiño, un filme con música do compositor Andrés Álvarez no que unha vez máis os propios veciños e veciñas os personaxes máis particulares. A película foi feita coa colaboración da Comunidade de Montes de Goián, da Comisión de Festas da Virxe dos Remedios e San Cristovo, do Concello de Tomiño e coa predisposición e axuda de numerosas persoas que cederon espazos e material necesarios para a gravación.
O estreo contará cunha alfombra vermella pola que desfilarán actores, actrices e equipo técnico, así como todo o público que se achegue a desfrutar dunha fin de semana chea de risas para rematar o Mes do Humor.
A película poderá verse no auditorio de Goián este sábado 4 de novembro cun pase ás 18:00 e outro ás 20:00 horas e o domingo 5 con sesión ás 17:00 e ás 19:00 horas. O prezo da entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros que se doarán á entidade SOS Tomiño e Conrazones.
O Carballiño volvió a batir su récord y elaboró la "tapa de pulpo más grande del mundo". 600 kilos de pulpo que se repartió en miles de raciones
La Festa da Ameixa de Carril tendrá degustaciones y actuaciones musicales. Y ya se pueden coger los tickets para comer este manjar
El Atlántica Beach Party llenará de música varias horas la Playa América. Ya se ha desvelado el cartel de este evento gratis en Nigrán
Rubén Simeó, considerado uno de los mejores trompetistas clásicos del mundo, será el encargado de hacer vibrar a Nigrán
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL