• Vigo Arena
  • Vigo Vertical
  • Porrigalia
  • Entradas Abraham Mateo
  • Desaparecido Miño
  • Camiseta España Vigo
  • Próxima apertura
  • Conciertos chiringuitos
  • Fiestas Baiona
  • Eclipse
  • Fiesta Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Espectáculos

O "Mes do Teatro" arranca este sábado en Nigrán con tres obras de microteatro

Octubre, mes de teatro en Nigrán
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
06/10/2021

O Concello de Nigrán celebra un ano máis o 'Mes do Teatro' ao longo de todo outubro estreando o seu primeiro convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado baixo o título 'Fegateatro Nigrán 2021'. Así, todas as fins de semana (e tamén as tres primeiras de decembro) grazas a este convenio mediante o que o Concello aporta 4.200 €, haberá funcións no Auditorio Municipal a cargo de compañías de diferentes puntos de Galicia. Igualmente, a Deputación de Pontevedra, a través do programa 'Tornar as Táboas', colabora o sábado 23 de outubro coa obra 'Top Manta' de Fulano, Mengano e Citano. En total, este mes prográmanse cinco funcións de cadansúa compañía os días 9, 16, 17, 23 e 31 de outubro (todas no Auditorio Municipal, ás 20:00 horas os sábados e ás 19:00 horas os domingos, con entrada de balde ata completar o aforo).

"En Nigrán temos un grupo de referencia que é Teatro do Ar, formado por mocidade do municipio con moito talento e moi activa, e a través precisamente deles decidimos subscribir este convenio con Fegatea que nos permite traer representacións de gran calidade ao tempo que colaboramos coas compañías galegas de teatro afeccionado, incluíndo por suposto Teatro do Ar", explica o alcalde, Juan González. Así, a compañía viguesa Atrezo Teatro será a encargada de abrir a programación este sábado 9 ás 20:00 horas con tres obras de microteatro, 'A conciencia' (20 minutos), 'As camelias brancas' (20 minutos) e 'A chaqueto de borreguito' (17 minutos) .

Másnoticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

21/07/2026

O sábado 16 será o turno do grupo de A Estrada 'Disfunción continua' coa obra 'Departamento de selección', dirixida a un público maior de 15 anos e cunha duración de 1h10 minutos. Trátase dunha peza na que un grupo de persoas acceden a unha entrevista de traballo para entrar nunha multinacional, pero a dureza das entrevistas converterán o proceso selectivo nun xogo cruel e perverso que sacará o peor de cada personaxe. A obra supón unha crítica á deshumanización do mundo capitalista que nos converte en inimigos e competidores dispostos a emprender unha loita salvaxe na que todo vale. Está dirixida por José García e interpretada por Clara Iglesias, Rosa López, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal

A programación continúa o domingo 17 ás 19:00 horas coa obra de teatro cego 'Coa mirada nas túas mans' da compañía Lohengrín, de San Andrés de Comesaña (Vigo). Esta función obtivo o segundo premio da categoría Teatro nos Xuventude Crea 2020. Pertence ao xénero de teatro sensitivo xa que é unha obra pensada para público cego, con visión reducida e para as persoas que o queiran presenciar cos ollos tapados. Ten unha duración dunha hora e está pensada para público maior de 14 anos.

O sábado 23, a través do programa 'Tornar as táboas' da Deputación de Pontevedra, acude ao Auditorio Municipal a compañía viguesa 'Fulano, Mengano e Citano' coa obra 'Top Manta'. Os cortes económicos como consecuencia da crise empuxan a dous actores a cambiar os grandes escenarios polo top manta na rúa. Como todas as producións da compañía viguesa, 'Top Manta' é unha comedia crítica e sarcástica sobre a realidade, aínda que os seus responsables, escapan do “ politiqueo barato”. Finalmente, o 'Mes do Teatro' péchase o domingo 31 coa comedia para todos os públicos 'Lisístrata' do grupo ourensán Teatrino.

O convenio con FEGATEA exténdese ao mes de decembro, cando terá lugar o día 4 a representación 'Ultrasónica' de Paso de Valverde (Arteixo); 'Distintas Compañías' de Teatro do Ar (Nigrán) o día 11 e, finalmente, 'Get Back' de Porta Aberta (Vigo) o día 18.

Temas: NigránO Val Miñor
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El chiringuito de la ETEA se niega a despedir el verano en agosto y anuncia nuevos conciertos
Música

Vigo asegura tener "enfocada una posible solución" con los conciertos en los chiringuitos

El Concello de Vigo valora la "buena sintonía" de la reunión con los representantes de los chiringuitos, que proponen una "ruta musical"

PorUxía Pérez
22/07/2026
Baiona ya calienta motores para celebrar por todo lo alto sus grandes fiestas del verano
Fiestas

Baiona ya calienta motores para celebrar por todo lo alto sus grandes fiestas del verano

El Concello de Baiona se prepara para vivir su gran cita del verano. Arranca el plazo de inscripción para uno de sus grandes atractivos

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Llega la épica Porrigalia, con Grande Amore, DJs y juegos olímpicos para un fiestón en O Porriño
Fiestas

Llega la épica Porrigalia, con Grande Amore, DJs y juegos olímpicos para un fiestón en O Porriño

O Porriño se convertirá en el epicentro de unos peculiares Juegos Olímpicos de la antigüedad. Habrá conciertos y muchas actividades

PorÁngel Vila
22/07/2026
Vigo SeaFest, PortAmérica o Festas de Alcabre, todos los planes este fin de semana en Vigo y su área
Fiestas

Sardiñada gratis y música en plena naturaleza, vuelve una gran fiesta en un escenario único de Vigo

Vigo ya calienta motores para volver a celebrar una icónica fiesta en plena naturaleza. Contará con una gran sardiñada gratis y música

PorSara Rodríguez
22/07/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X