Música, baile, traxe tradicional e concienciación medioambiental volverán ser os eixeis fundamentais das Xornadas Etnográficas do Morrazo, que volven celebrarse despois do parón do ano pasado por mor da pandemia. Organizadas pola Asociación Cultural Peis d’hos co apoio da Mancomunidade de Concellos do Morrazo e da Deputación de Pontevedra, a cita eríxese este ano como alicerce fundamental da aposta cultural en tempos, por desgraza, aínda de pandemia.
As xornadas desenvolveranse entre o 1 e o 11 de setembro e incluirán exposicións, charlas, obradoiros, desfiles e, como novidade como “colofón final”, unha foliada final que terá lugar en Cangas. “Defendemos que a cultura é segura e animaremos as persoas veciñas e visitantes para que se acheguen para desfrutar desta cultura segura e accesible a todo o mundo”, expresou na presentación das xornadas a rexedora de Moaña e presidenta da Mancomunidade, Leticia Santos.

A cita dará comezo o 1 de setembro coa apertura da exposición fotográfica “Rituais en Galicia” de Roberto de la Torre e continuará cada xornada con diferentes obradoiros (de olería, castañolas, canto e pandeireta, tarrañolas, bordado ao aire, etc.) que se distribuirán entre os tres concellos da comarca, Bueu, Cangas e Moaña. Segundo explicou Miguel Sotelo, de Peis d'hos, a asistencia aos obradoiros será con inscrición previa, nas charlas e conferencias a entrada será por orden de chegada e a foliada será, probablemente, por orden de chegada aínda que a organización aínda non decidiu se precisarán inscrición previa ou non.
O domingo, 5 de setembro, no ecuador das xornadas, terá lugar o día grande coa Mostra Etnográfica do Morrazo, que se celebrará no Paseo Marítimo de Moaña. Ás 20:30 horas terá lugar o desfile de traxe tradicional galego, a cargo da asociación Sete Espadelas e ás 21:00 horas arrancarán as actuacións das agrupacións tradicionais Donaire, Trébede e A Buxaina. Para esta xornada si será necesario retirar a reserva previa na plataforma Enterticket, que estará dispoñible nos próximos días.
Castrelos inicia la cuenta atrás para el concierto de Chayanne en Vigo: el artista te enseña los pasos para bailar uno de sus hits
Este martes se celebra una visita guiada por la catedrática Marta Cendón para abordar "las huellas de 800 años de arte" en la Catedral de Tui
Nigrán inicia la semana en la que vibrará con las fiestas de su patrón: esto es todo lo que ofrecerá el concello de O Val Miñor
La Festa do Mar de Combarro anuncia su segundo concierto gratuito para este verano. Ficha a una de las "revelaciones" del pop español
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL