O Mercado de Nadal do Rosal prepárase para abrir as súas portas. Este 3 e 4 de decembro o tradicional mercadiño chega á sala de exposicións do Concello con 15 postos nos que a variedade e orixinalidade dos produtos serán a clave. “É un orgullo ver o éxito que cada ano ten o noso mercado, non só de público, que agardamos que sexa moito durante toda a fin de semana, senón tamén por parte dos e das artesás, que encheron as prazas dispoñibles case en tempo récord”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Este ano o público poderá mercar os produtos máis variados nos distintos postos: bixutería de resina e arxila; árbores de nadal en madeira e téxtil ou complementos de calceta; bolsos, sacos de sementes e adornos de nadal; obxectos decorados a man como caixas de madeira, velas, xabóns ou pratos de cristal; froitos secos, doces e legumes; chaveiros, pendentes, diademas, monicreques...; láminas e ilustracións, bolsas, postais ou marcapáxinas; produtos de comercio xusto, veganos, sen glute, cervexas ou lácteos; láminas, postais, cadros e impresións dixitais; abelorios personalizados, pulseiras, colgantes e outros complementos; merchandising da Asociación Trans Miño, xunto con tazas e bandeiras; bixutería de resina e flores naturais; mini alfombras, espellos e bixutería inox e 3D; elementos de madeira e resina; ou figuras feitas a man, adornos e bonecas, entre outras moitas cousas.
O mercado estará aberto os dous días de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
La Feira do Alvarinho de Monçao ofrece cuatro días llenos de actividades. Catas, degustaciones, artesanía, conciertos, entre las propuestas
El festival "Entre Playas" de Baiona ya tiene su primer nombre confirmado. La Panorama actuará el 23 de julio en el Parque da Palma
Planazo familiar en el área de Vigo con la "Feira de Artesanía e Segunda Man". Mercado, taller gastro, sesión vermú y mucho más
Los amantes del baile no pueden perderse el Festival de Verano de Meraki Community, organizado por Antía Caride y Julio Vizcaino
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL