Este venres, 23 de xullo, comeza Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença coas primeiras oito funcións da man de cinco compañías. Dende ás tres e media da tarde hora española e até a medianoite as rúas e prazas de Tui e Valença converteranse no escenario no que gozar de espectáculo de teatro, clown o música.
O polifacético artista Antón Coucheiro, será o encargado de abrir o festival ás 15.30 hora española no Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença, co seu último espectáculo “Sonámbulo”. Trátase dunha comedia sen palabras a bordo dunha cama. É unha viaxe onírica na que atoparemos un bufón rosmón que non consegue durmir, un pallaso que conta ovellas, … Humor sen palabras, clown, teatro físico, efectos máxicos conforman esta comedia visual da que poderemos volver gozar ás 20.30 h no Paseo da Corredoira de Tui.
Arsenio Baruffi presentará o seu espectáculo “My Shoes” ás 16.30 h no Largo do Governo Militar na Fortaleza de Valença e ças 23 h no Paseo da Corredoira en Tui. My Shoes é un espectáculo de manipulación de obxectos e teatro de rúa que sorprenderá ao público con diversas técnicas e grandes efectos visuais.
Música e número de circo combínanse no espectáculo itinerante que o grupo portugués Farra Fanfarra ofrecerá dende ás 17.30 h pola Fortaleza de Valença e ás 21.30 h no Paseo da Corredoira en Tui.
Fredi&Cía achegan ás 18.30 h ao Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença “Circanelo” no que se mestura teatro xestual, danza e acrobacia. Volverá o sábado ás 16.30 na Praza do Concello en Tui. Para a función de Tui están xa esgotadas as entradas.
Por ultimo mañá venres, ás 22 h, no Paseo Fluvial, acollerá a Mamá Cabra en concerto co seu espectáculo máis recente “A fraga do meu avó”, que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e avoas.
Lembramos que para todos os espectáculos – salvo os itinerantes, é preciso reserva previa de entrada até 30 minutos antes do inicio ou até esgotar as prazas dispoñibles na web do Concello de Tui (premer aquí) ou na web de Valença (premer aquí).
O festival conta con todas as medidas de seguridade derivadas da actual situación sanitaria con control de accesos, aforos limitados, desinfección con xel hidroalcohólico na entrada, uso obrigatorio de máscara ou distancia de seguridade entre espectadores.
Salceda de Caselas terá o próximo sábado un concerto para celebrar o Día de Galicia. Será na primeira hora da noite
Roi Casal, Carlos Núñez o Queiman Folk forman parte del cartel del "Son Verán". Estas son las actuaciones previstas en este ciclo musical
Beade disfrutará de varias jornadas de celebración. Habrá tres verbenas, fiestas holi y de la espuma, y fuegos artificiales
Vuelve la "Festa da Paparota" de Mondariz. Ofrece una peculiar "comilona" con algunos de los ingredientes habituales en cocinas de Galicia
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL