A programación de verán en Moaña durante o mes de agosto, que se agrupa nos denominados “Días de Mar” estará este 2019 protagonizada pola música en directo. Como gran novidade, chega a primeira edición dun “minifestival” que levará o nome “Do sol e a lúa” e que permitirá desfrutar dunhas vistas privilexiadas á ría de Vigo durante o solpor. A cita, que se celebrará este sábado, 3 de agosto, dende as 21:00 horas, contará co recital poético musical de Ana Blanco & Paulino, o pop xuvenil de Maria Faltri & Banda e o rock and roll de Balea’s. O evento, organizado pola asociación “O Pegho” en colaboración co Concello, pretende dotar de actividade cultural ao parque situado no Monte do Con (rúa Albariños), que conta con miradoiros privilexiados.
Outra das citas que pretende ser multitudinaria será o concerto do grupo De Vacas, que se celebrará na noite do sábado 10 de agosto no Palco da Música no paseo marítimo. O grupo, integrado polas voces de Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero, e a guitarra de Guillerme Fernández, ofrecerá un show divertido no que se versionan cancións que van dende Beyoncé a Rosalía. Un día antes, o venres 9 de agosto, outra das citas a non perder será o concerto do Comboio Novo lideradro polo mestre gaiteiro Xavier Blanco.
Entre as novidades, estará tamén o Festival RAP’N Moaña que retoma a súa segunda edición no Parque da Xunqueira o sábado, 17 de agosto. Aínda no apartado musical, repite o Festival de Jazz, que celebra a súa terceira edición entre o 13 e o 14 de agosto no Parque da Xunqueira.
Ademais de música, a programación de agosto conta tamén cunha importante presenza gastronómica coa Festa do Mexillón, que celebra a súa vixésimo quinta edición no Patio do Colexio de Reibón este domingo, 4 de agosto. En Meira, a Carballeira de Bronlle acollerá a súa festa popular con pulpeiro, postos gastronómicos solidarios e diversas actividades infantís o 15 de agosto. Por último, como novidade, os xardíns do Concello acollerán a primeira edición da Feira do Mel de Moaña o domingo, 18 de agosto.
Tamén volverá o programa de tapeo con petiscos a 2,50 euros en oito establecementos do municipio. O histórico roteiro de tapas, volve un ano máis para combinar creacións gastronómicas baseadas nos produtos do mar con música en directo de diferentes grupos emerxentes locais. Celebrarase o venres 2 de agosto en Vansy, o mércores 7 en Burguer Piscis, o xoves 8 en La Cibeles, o martes 13 en Var con Uve, o mércores 14 en A Carriola, o venres 16 en Cervexería Muxicas, o martes 20 en Tapería Bajamar, o mércores 21 na Terraza do Burguer Piscis e o xoves 22 en La Hacienda.
Por último, con respecto a programación anunciada inicialmente, modifícase a data da exposición “Vento nas velas” que se desenvolverá entre o 3 e o 31 de agosto no Paseo Marítimo namentres que non será posible realizar a botadura da dorna Meiga prevista para o sábado, 3 de agosto.
Desembarca en el centro de Vigo una nueva edición de O Mercadiño donde descurbrir ropa, muebles y artículos de segunda mano
Vigo volverá a saborear el mejor producto del mar con una Festa do Marisco que regresa a O Berbés: estas son las fechas oficiales
Ya hay fecha para la Festa da Langosta más famosa de Galicia. A Guarda espera superar los 700kg del año pasado y promete sorprender
Música, comida y folclore en mitad de la naturaleza. O Porriño suma un nuevo planazo a un fin de semana cargado de eventos
Más de 1.000 estudiantes se graduarán a lo largo de este mes de junio en el Campus de Vigo. Los primeros actos son este viernes
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL