Os filmes "Cuñados" e "Matria" disfrútanse de balde co Cine na Rúa do Rosal

Una proyección al aire libre // iStock - Kitzzeh

Publicidad

O Cine na Rúa volve ao Rosal como cada verán, con dúas proxeccións ao aire libre de cinema galego os días 24 e 29 de agosto.

A primeira proxección será este xoves, 24 de agosto, ás 21:30 horas na Praza de Novás, coa película “Cuñados”. Protagonizada por Xosé Touriñán, Federico Pérez Rey e Miguel de Lira, ‘Cuñados’ é unha comedia sobre as peripecias de tres cuñados que se embarcan nun plan disparatado para conseguir cartos.

A segunda proxección será o martes, 29 de agosto, ás 21:30 horas na Praza de Fornelos, co filme “Matria”, protagonizado por María Vázquez e rodado no Salnés. Trátase da historia dunha muller que traballa nunha conserveira e que loita por manterse a flote económica, familiar e emocionalmente.

Ambas actividades de Cine na Rúa no Rosal son de balde, e con elas péchase a programación de Cultura polos Barrios, que levou diferentes actividades culturais aos espazos públicos rosaleiros ao longo do mes de agosto. Porén, o broche será o 1 de setembro, cando se realizará o concerto de “Que de que” que foi adiado pola chuvia. Será en San Vicente de Marzán, ás 21 horas, o venres 1 de setembro.

Cine de balde no Rosal 

Salir de la versión móvil