Novo adiamento en Moaña para garantir a celebración dos eventos culturais máis destacados do calendario. Tras pospoñerse o Festival Intercéltico, chega agora a quenda do adiamento de Moaña Antiqua, a festa medieval de San Martiño. O seu comité organizador vén de acordar adiar a súa quinta edición a primeira fin de semana de outubro.
Nunha reunión celebrada telemáticamente entre as entidades e asociacións organizadoras, acordouse aprazar a súa celebración para “intentar preservala no presente ano”. A organización explica que “tamén obedece a aposta decidida por manter os compromisos adquiridos coas persoas creadoras, artistas, propietarias de postos e persoal técnico implicadas na loxística e produción de Moaña AntiQua, que tanto están a sufrir as consecuencias desta crise ante a cancelación masiva de actuacións e doutros eventos”.
Este evento xa consolidado que busca a posta en valor o patrimonio histórico-cultural e a súa difusión dende unha perspectiva lúdica e festiva celebrarase, se as autoridades sanitarias o permiten, do 2 ao 4 de outubro de 2020.
A cita -prevista inicialmente para xuño- mestura un mercado medieval con xustas, obradoiros, exposicións, animación de rúa e actuacións na histórica contorna da igrexa de San Martiño en Moaña. A cita está organizada pola Asociación Cultural Moaña Antiqua e o Concello de Moaña en colaboración con A.V. San Martiño de Moaña, Asociación de Mulleres de Moaña, ADOC Cabaleiros de Moaña, A.C. Moañesa de Música e Danza e a Comunidade de Montes de Moaña.
El penúltimo fin de semana de julio llega con citas imprescindibles del verano vigués y opciones para todos los gustos. ¡Toma nota!
Vigo se prepara para disfrutar de la Romería de San Roque. David Civera es el gran bombazo de un programa con conciertos, sesión vermú o comida
Monçao celebra este fin de semana una fiesta gastronómica especial, la de "la Rosca e do Papudo". ¡Este es su programa!
Vigo podrá disfrutar este sábado del Inmersa Dance Fest, que pondrá a bailar a las personas que se acerquen hasta Porta do Sol
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL