O Concello de Redondela celebra o Magosto o día 5 de novembro na Alameda de Castelao. As actividades comezan ás 17:00 horas da tarde, cun total de 32 xogos populares diferentes entre os que se atopan, trompos, zancos, xogo da ra, da chave, bolos, mouróns, quebracabezas, carreiras de caracois ou labirintos que estarán baixo a supervisión de monitores e monitoras da asociación A Madana.
“A Madana é unha entidade que se encarga de recuperar os xogos populares que tanto sigularizan as festas e celebracións galegas. Unha aposta pola tradición que o Concello de Redondela apoia de forma activa”, explica a alcaldesa Digna Rivas.
“Este magosto é unha novidade para os veciños e veciñas de Redondela, xa que fai décadas que non se celebra cun encontro desta magnitude no centro da Vila. Este tipo de iniciativas teñen a intención de devolver a tradición e a cultura popular, unha das políticas máis importantes deste goberno”, engade Rivas.
“As actividades están pensadas para as familias e para todas as idades, dende os máis cativos aos máis maiores”, conta Rivas. Ademais dos xogos populares, o grupo de baile e gaita ‘Airiños de San Simón’ amenizarán a velada de 17:00 a 18:30 horas, cando dará comezo o concerto do grupo Carapaus. As 20:00 horas rematan os xogos e comeza o concerto do grupo Caamaño & Ameixeiras.
Este ano o Magosto de Redondela únese a unha causa solidaria. Durante o evento ANDAINA ( Asociación de persoas con diversidade funcional de Redondela) en colaboración co concello recaudarán fondos para recuperar o material roubado ao colectivo en xuño. “Sempre estamos dispostos a colaborar. O Magosto é unha festa popular, dedicada aos veciños e veciñas de Redondela, que mellor oportunidade que esta para solidarizarse e unirse por unha boa causa”, conta Rivas.
As castañas (un total de 150 kg) serán de balde, cortesía do Concello de Redondela. Nos asadores repartiránse conos cheos e a axente poderá facer unha doazon ao recollelo. “A recaudación farase a través dos postos de castañas, no que se poderá facer una doazon voluntaria que irá integramente á asociación Andaina”, explica a alcaldesa.
Ahora sí, la gran noria de la Navidad de Vigo ha comenzado a dar vueltas. Estas son las tarifas y horarios de este año
Dani Fernández confirma su idilio con Galicia y anuncia concierto el próximo verano en Pontevedra: este jueves, entradas a la venta
Un recinto de 850 metros repleto de ilusiones ópticas y un "universo coreano". Ya hay fecha y novedades de la Navidad del Náutico de Vigo
El aclamado espectáculo de Juan Dávila regresa en 2026 con una nueva función para la que salen a la venta las entradas este jueves
En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL