O Concello de Redondela programa para este próximo sábado, 19 de xuño, unha actividade de kaiak pola Enseada de San Simón co obxectivo de “poñer en valor os espazos naturais da rede Natura 2000 e gozar dun espazo único no mundo”.
A actividade consiste na valoración da contorna natural de forma activa, desfrutando e navegando as súas augas, e mostrando todos os valores que posúenos seus ecosistemas. Contempla paradas divulgativas na illa de San Simón, na batea, no illote das Corveiras e no monumento ao Capitán Nemo (tentando observar o bosque de zoostera ou sebe que se atopa nas inmediacións).
A visita contará cun educador ambiental e con monitores de kaiak que se encargarán do control do grupo e de axudalos, ademais de remolcar aos usuarios se fora necesario. Ten un prezo bonificado de 15 euros por persoa, que inclúe o seguro de responsabilidade civil e a póliza de accidentes con especificación de seguro de rescate.
A ruta en kaiak comezará ás 10:00 horas do sábado de 19 de xuño con saída dende o porto de Cesantes. A inscrición pode realizarse na casa do Concello e na oficina de Turismo. Os interesados poden ter máis información en [email protected] ou no teléfono 986 40 17 13
Castrelos inicia la cuenta atrás para el concierto de Chayanne en Vigo: el artista te enseña los pasos para bailar uno de sus hits
Este martes se celebra una visita guiada por la catedrática Marta Cendón para abordar "las huellas de 800 años de arte" en la Catedral de Tui
Nigrán inicia la semana en la que vibrará con las fiestas de su patrón: esto es todo lo que ofrecerá el concello de O Val Miñor
La Festa do Mar de Combarro anuncia su segundo concierto gratuito para este verano. Ficha a una de las "revelaciones" del pop español
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL