O Concello de Redondela presentou na mañá deste venres na Praza do Concello, os actos que se desenvolverán exactamente dentro dun mes –o vindeiro 25 de xullo– con motivo do Día Nacional de Galicia. O programa, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, e que se desenvolverá baixo o lema de "Terra... a nosa!" ofrecerá música en directo de primeiro nivel así como cine ao aire libre.
“Pretendemos reforzar e reafirmar o orgullo de ser galegos e galegas, de poñer en valor a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa propia identidade como pobo” afirmou a alcaldesa redondelá, Digna Rivas, quen lembrou que “antes da nosa chegada ao Goberno local celebrábase un acto solitario no propio 25 de xullo. Hoxe presentamos un programa de tres días como corresponde á importancia da xornada e máis nun municipio como Redondela que sempre foi referente de galeguidade e pioneiro na defensa e posta en valor da nosa lingua”.
Dende a chegada do actual Goberno e na liña de potenciación do Día de Galicia, o programa de actividades pasou, primeiro, de un a dous días –incluíndo a Chapela como lugar de celebración de actividades– para, neste 2021, pasar a celebrarse durante os días 23, 24 e 25 de xullo. Nesa nova data do 23 de xullo que se engade con respecto ao pasado ano, a Alameda Castelao acollerá unha xornada de Cinema na Rúa, ás 22:30 horas, coa proxección da película Cuñados que, en palabras da alcaldesa, “é unha clara aposta polo noso cine, pola nosa cultura e pola nosa lingua”.
O día 24, ás 22:00 horas, o paseo marítimo de Chapela vestirase de gala para acoller o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, un concerto que, tal e como lembraba Digna Rivas, o pasado ano tivo que ser suspendido pola COVID-19 e que este ano será unha realidade.
O día 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, ás 20 horas e na Alameda Castelao, terá lugar o acto institucional no que, adiantou a rexedora local, terán protagonismo os cativos e cativas do campamento de conciliación. A participación de nenos e nenas neste acto é considerada “fundamental dende o convencemento deste Goberno que é preciso sementar a nosa identidade de galegos e galegas e o orgullo que iso supón, dende as idades temperás”. A xornada do día grande de Galicia pecharase co concerto de SES da que, afirmou Digna Rivas, “non precisa presentación” xa que é “unha cantante de renome e unha muller comprometida que nas súas cancións pon o foco sobre o feminismo, a tradición, o compromiso e o empoderamento cultural feminino”.
A alcaldesa expresou a súa satisfacción polo feito de que, ano tras ano, “a veciñanza de Redondela síntase cada vez máis identificada con esta xornada, participa, reúnese para festexala e cada vez son máis as veciñas e veciños que acoden a celebrar o acto institucional con nós”.
Lanzan una nueva escapada gratis por las Rías Baixas para conocer sus tesoros y su biodiversidad. No te pierdas "Voando nas Rías Baixas"
Baiona acoge una asombrosa muestra de modelismo naval. Un centenar de barcos históricos que solo estarán a la vista por unos días
Vigo disfrutará del 8 al 11 de junio de la Fiesta del Cine. Consulta las películas y las salas donde disfrutar de los descuentos
Nigrán acoge un evento solidario a favor de Palestina. Se trata de un acto que contará con una comida solidaria, actuaciones y mucho más
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL