Co obxectivo de mostrar o traballo que realizan cada día e promover a adopción de cans e cadelas, a Protectora Animais Morrazo recupera este ano a Feira de Adopcións de Moaña. O evento, que non se puido celebrar durante dous anos, regresará o primeiro fin de semana de setembro ao Palco da Música, detrás da Praza de Abastos, coa súa VI edición. A feira contará coa participación dun total de 15 protectoras e cunha ampla programación que acollerá diferentes actividades para maiores e pequenos, coma obradoiros, unha sesión de curtas, charlas, paseos e o "famoso" desfile de cans.
A programación desta feira comezará o sábado 3 de setembro ás 16:00 horas cunha charla sobre lexislación relacionada co maltrato animal, que dará paso a un contacontos para adultos da man de Berto Pirata, María Salinas e Daniel Díaz. Entre las 19:00 e as 20:00 horas será a quenda dos máis pequenos cun obradoiro de debuxo. Por último, o día rematará coa proxección solidaria de cortos no Salón de Plenos de Moaña.
O domingo 4 de setembro as actividades arrancarán ás 11:30 horas con actividades para cativos. Ao medio día V-Roc e Falsos Profetas amenizarán a feira coas súas actuacións en directo. Pola tarde haberá máis oportunidades para coñecer aos peludos que buscan un fogar cun paseo cos cans entre as 17:00 e as 18:00 horas e un posterior desfile de ás 18:30 horas. Ademais, durante todo o día haberá un fotocall solidario con "zootógrafo".
Ao rematar o evento levarase a cabo un sorteo co que se poderá gañar unha cesta de froitas doada pola froitería Piedra Alta de Cangas. Para participar só é necesario facerse cunha rifa solidaria a un prezo de un euro. O sorteo realizarase despois do desfiles de cans. Co obxectivo de conseguir todos os fondos posibles, tamén se venden camisetas da feira por un prezo de 10 euros. Ademais, estará operativo un punto de recollida solidaria de correas, arneses, comida húmida, pienso e demais doazóns que despois repartiranse entre as diferentes protectoras participantes na feira.
As protectoras que participarán na VI Feira de Adopcións son a Protectora do Morrazo, Michiños de Moaña, Colonias Canguesas, Bai Sen Pulgas, Villa Peixiño, Cadeliños, Canceira de Poio, Proyecto Galgo, Bass Galgo, Tú eres nuestra ayuda, Galgos 112, Rescue Galicia, Patudos Peludos, Gatiños da rúa y Respeta, Protege y Adopta.
A Facultade de Bioloxía presenta o proxecto Montes Vigo 2046, unha iniciativa que chega da man da Mancomunidade de Montes de Vigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL