• Alerta calor Galicia
  • Chayanne en Vigo
  • Desaparecida Vigo
  • Restaurante Mexicano Vigo
  • Vigo Mundial 2030
  • Vialia Vigo
  • Templo Budista Galicia
  • Fiestas Nigrán
  • Obras en Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

Regresa o Descubre Moaña, 13 rutas guiadas e gratuítas para desfrutar do verán no Morrazo

Regresa o Descubre Moaña, 13 rutas guiadas e gratuítas para desfrutar do verán no Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaPorÁngel Vila
24/06/2023

Sol e praia, pero tamén cultura, natureza e divulgación histórica. Un ano máis, un verán máis, o Concello de Moaña pon en marcha as rutas estivais de Descubre Moaña, un intenso programa de visitas guiadas gratuítas que se desenvolve ao longo de todo o ano con diferentes percorridos.

Desta vez, serán un total de 13 as visitas programadas entre o mes de xullo e setembro co gallo de traballar en propostas turísticas que ofrezan alternativas aos areais. A meirande parte das rutas Terán lugar os sábados e domingos ás 10:30 horas, pero, como noutras ocasión, tamén haberá dúas visitas a última hora da tarde do venres.

Másnoticias

El icónico paseo junto al mar del área de Vigo que amenaza el cambio climático, según Greenpeace

El icónico paseo junto al mar del área de Vigo que amenaza el cambio climático, según Greenpeace

23/07/2026
Disparan en un ojo con un arma de balines a un vecino de Cangas

Investigan a un vecino de Moaña por provocar un incendio junto a varias viviendas

23/07/2026

San Martiño, Canteiras do Litoral, O Último Barco, Historia das Rúas, Moaña Mariñeira, Poza da Moura,  Intermareal de Tirán, Torre de Meira e Sendeiro da Fraga son as opción que se poderán escoller este verán. Aínda que as visitas son de balde, é preciso inscribirse previamente a través do WhatsApp 611 080 853 ou da web de Illa dos Ratos, que volverán ser os responsables de guiar aos participantes.

Rutas e horarios

  • Domingo, 2 de xullo – 10:30 horas – San Martiño (Coincidindo coa festa de Moaña Antiqua)
  • Sábado, 8 de xullo – 10:30 horas – Canteiras do Litoral de Moaña
  • Venres, 14 de xullo – 20:00 horas – Historia das Rúas de Moaña
  • Domingo, 16 de xullo – 10:30 hora - Ruta Literaria O Último Barco
  • Sábado, 22 de xullo – 10:30 horas – A Moaña Mariñeira
  • Venres, 28 de xullo – 20:00 horas – Canteiras do Litoral de Moaña
  • Domingo, 30 de xullo – 10:00 horas – A Poza da Moura
  • Domingo 6 de agosto – 10:30 horas – Historia das Rúas de Moaña
  • Venres, 11 de agosto – 20:00 horas – A Moaña Mariñeira
  • Domingo, 20 de agosto – 10:00 horas – A Poza da Moura
  • Sábado, 2 de setembro – 10:30 horas – Intermareal de Tirán
  • Sábado, 9 de setembro – 10:30 horas – A Torre de Meira
  • Sábado, 16 de setembro – 10:30 horas – Sendeiro da Fraga

San Martiño

A visita apenas obrigará a camiñar, xa que os participantes percorren a contorna da igrexa. Os asistentes descubrirán a historia das casas e como apareceron aí e outros elementos propios dun dos barrios senlleiros do municipio. Desta vez, a ruta coincide coa celebración da festa de Moaña Antiqua, polo que amósase como un gran plan familiar no que aproveitar o día desfrutando da celebración.

Canteiras do Litoral de Moaña

Ao longo do percorrido os asistentes descubrirán a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.

Historia das rúas de Moaña 

Os guías da Asociación A Illa dos Ratos tratarán de que os asistentes vexan o centro da vila con outros ollos. A partir da idea de que os nomes das nosas rúas son deses elementos que asumimos que existen desde sempre e non adoitamos pararnos a pensar no por que do seu nome, deseñaron un percorrido por algúns dos lugares máis salientables e curiosos do rueiro da vila no que se fará referencia a historia de figuras ilustres relacionadas coa política, co mar, coa emigración, coa nosa historia… que polos seus méritos fixéronse merecedores dunha rúa co seu nome.

Ruta Literaria O Último Barco

Igrexa de San Xoán, en Tirán // FREECAT

O turismo literario ocupa un papel fundamental nesta nova proposta de “Descubre Moaña”. Non é para menos. “O último barco”, o terceiro libro de Domingo Villar, é un éxito a nivel galego e nacional. Xente de tódalas partes ten curiosidade por visitar os escenarios da última aventura de Leo Caldas. Neste caso, os guías de A Illa dos Ratos levarán aos participantes por lugares fundamentais na novela como a Igrexa de San Xoán de Tirán, o Mirador da Moma ou o Marusía, o restaurante que namorou a Leo Caldas.

A Moaña Mariñeira

Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias de Moaña.

A Poza da Moura

O roteiro partirá dende o Parque do Souto das Camelias. Alí a Asociación de Mulleres Poza da Moura encárgase do coidado de máis de 100 variedades diferentes de camelias. O camiño continúa subindo á beira do Río da Freixa que coa súa vexetación constitúe bo un exemplo do que sería un bosque de ribeira. O premio final será a fantástica Poza da Moura, que ademais agocha lendas e historias.

Intermareal de Tirán

Esta visita guiada, moi interactiva, está especialmente enfocada para toda a familia permitíndonos realizar un percorrido polas praias para coñecer a súa biodiversidade aproveitando para recoñecer bivalvos, crustáceos ou estrelas de mar.

Torre de Meira

Despois das escavacións realizadas, comézase a desvelar parte dun pasado incerto que inclúe diversas destrucións nas que interviñeron os irmandiños ou o mesmo Pedro Madruga. Na ruta ademais de interpretar as descubertas que se fixeron na torre, os asistentes coñecerán tamén os petróglifos situado a poucos metros, e gozarán das vistas dende un dos mellores miradoiros de Moaña, razón da situación da torre neste lugar.

Sendeiro da Fraga

Este percorrido de catro quilómetros, que arranca na desembocadura do río no areal da Xunqueira, continuará para dar a coñecer a importancia dos ríos, do seu ecosistema e do uso dos muíños. De feito, este sendeiro conta con até unha trintena de muíños que noutra época eran de vital importancia na agricultura do Morrazo.

Temas: MoañaO Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo anuncia a Chayanne para Castrelos 2026 y pone fecha para el gran concierto del verano
Qué hacer

¿Preparados para el concierto de Chayanne en Vigo? El artista te enseña a bailar uno de sus éxitos

Castrelos inicia la cuenta atrás para el concierto de Chayanne en Vigo: el artista te enseña los pasos para bailar uno de sus hits

PorCarlos I. Castrillón
26/07/2026
La Catedral de Tui se abre a recorridos nocturnos gracias a Música no Claustro
Qué hacer

Una visita guiada para descubrir los secretos de la asombrosa Catedral de Tui

Este martes se celebra una visita guiada por la catedrática Marta Cendón para abordar "las huellas de 800 años de arte" en la Catedral de Tui

PorMiguel Alonso
26/07/2026
Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego
Fiestas

Nigrán arranca este martes las fiestas de su patrón convertida en un cine al aire libre gratuito

Nigrán inicia la semana en la que vibrará con las fiestas de su patrón: esto es todo lo que ofrecerá el concello de O Val Miñor

PorPaula Carballo
26/07/2026
Dos de los artistas más conocidos del pop de los 2000 actuarán gratis a 40 minutos de Vigo
Fiestas

Una fiesta de las Rías Baixas ficha a una de las "revoluciones" del pop español para un concierto gratis

La Festa do Mar de Combarro anuncia su segundo concierto gratuito para este verano. Ficha a una de las "revelaciones" del pop español

PorIván Dacal
25/07/2026
El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria
Enfoque

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

PorMetropolitano
24/07/2026

El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

GRACIAS

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia
Enfoque

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia

PorMetropolitano
24/07/2026

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X