Viño e fartura para celebrar o San Martiño. Esta podería ser o lema oficial das festas grandes de Moaña que arrancan esta mesma fin de semana e se prolongarán até o domingo, 12 de novembro. As festas de San Martiño de Moaña, declaradas de Interese Turístico de Galicia, caracterízanse polo seu carácter enxebre e o roteiro de furanchos no que veciños e visitantes proban os viños da colleita a prezos populares. “Trátase duna festa moi especial na que moitos grupos de amigos reúnense con gaitas e bombos para percorrer os diferentes furanchos”, apunta o concelleiro de Cultura moañés, Salvador Meira.
Unha festa de gran peso popular que celebra este ano o 820º aniversario. Foi en 1197 cando, coincidindo co nacemento de Moaña como entidade de poboación, se celebraron por primeira vez.
Ás 20:00 horas desta noite de venres, 3 de novembro, os furanchos abrirán as súas portas para dar comezo a unha noite de esmorga que se alongará durante estas duas fins de semana. En total, a organización autorizou a 15 furanchos, entre os situados en casetas e carpas e os que se atopan nos baixos das casas, que estarán na zona do Adro Baixo e no aparcadoiro da antiga Rectoral de San Martiño, hoxe Escola de Música.
O día grande das festas chegará o sábado, 11 de novembro, cunha programación festiva que comezará as 10:00 horas e rematará coas verbenas das orquestras Televisión e Pontevedra. Nesta xornada haberá un servizo de autobús especial que sairá dende a Igrexa de Domaio ás 10:00, 11:00, 17:00, 19:00 e 21:00 horas, con recollida e baixada de pasaxeiros nas habituais paradas. O regreso será ás 14:30, 18:00, 20:00, 22:00, 0:00 e 02:00 horas.
Dentro da programación das festas de San Martiño, o Concello organiza o Día da Xuventude o xoves, 9 de novembro. “Buscamos celebrar unha xornada coa nosa música tradicional e grupos de folk”, apunta o concelleiro de Cultura. Así, dende as 20:00 horas arrancará a actuación dos Gaiteiros de Moaña, Pelexo de Ghaita, Fol-k Coiro e Fanfarria Taquicardia.
Salceda de Caselas terá o próximo sábado un concerto para celebrar o Día de Galicia. Será na primeira hora da noite
Roi Casal, Carlos Núñez o Queiman Folk forman parte del cartel del "Son Verán". Estas son las actuaciones previstas en este ciclo musical
Beade disfrutará de varias jornadas de celebración. Habrá tres verbenas, fiestas holi y de la espuma, y fuegos artificiales
Vuelve la "Festa da Paparota" de Mondariz. Ofrece una peculiar "comilona" con algunos de los ingredientes habituales en cocinas de Galicia
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL