O biólogo e xenetista catalán David Bueno, será unha das catro personalidades da Semana de Educación de Tomiño, que se celebrará no Auditorio de Goián entre os días 4 e 7 de febreiro.
Por cuarto ano consecutivo o Concello de Tomiño organiza este foro para que docentes, discentes, educadores, pais, nais e público en xeral, poidan achegarse para formarse e informarse sobre diferentes temáticas educativas en colaboración con recoñecidos profesionais. “Baixo o lema ‘Educación activa, sociedade proactiva’, nesta cuarta edición continúase a poñer de manifesto a importancia da educación na sociedade, unha aposta do Concello de Tomiño, que leva traballando moito tempo de cara a potenciar as capacidades e habilidades do alumnado, fomentando a implicación e involucrando a todos os axentes que participan no proceso”, explica Sandra González, alcaldesa de Tomiño e responsable da área de Educación.
Como vén sendo habitual, durante catro días, destacados profesionais do mundo da comunicación, a psicopedagoxía e a investigación afondarán en diversos aspectos da educación e da aprendizaxe. O prazo de inscrición, gratuíta, xa está aberto a través dun formulario dispoñible na web oficial do Concello. Para que nais e pais poidan acudir ás conferencias con tranquilidade, habilitarase un servizo de gardería de balde no propio auditorio; é necesario facer constar a necesidade de utilizalo no formulario de inscrición.
David Bueno, que pechará o ciclo de conferencias, o xoves 7 de febreiro, é probablemente o conferenciante máis coñecido polo público, pola súa activa labor de divulgación científica. Doutor en bioloxía e profesor de xenética na Universidade de Barcelona, a súa traxectoria profesional e académica desenvolveuse en Barcelona e Oxford, centrándose na xenética do desenvolvemento e a neurociencia, e a súa relación co comportamento humano. Sobre estes temas, Bueno publicou máis de cincuenta artigos científicos en revistas especializadas, e coma divulgador, sete libros para achegar a ciencia á cidadanía, así como tamén, varios libros de texto e colaboracións habituais con varios medios de comunicación. A súa conferencia do día 7 leva por título “Sorpresa! Que quere aprender o cerebro” e tratará de dar as claves para sacar o mellor proveito del nos procesos de aprendizaxe.
A primeira charla “Xestión do cambio educativo. Máis aló das modas”, será o luns 4 de febreiro e estará a cargo da bióloga e profesora Coral Regi, directora da Escola Virolai de Barcelona.
https://www.youtube.com/watch?v=gqoBfxE3Rbk
Jorge Úbeda, doutor en filosofía, director da Fundación Promaestro e profesor asociado da Universidade Complutense (Madrid) as claves para centros educativos, docentes e familias, na súa conferencia do día 5 “Por unha educación baseada no coñecemento”, e Iria Marañón, autora dos libros “Educar en el feminismo” e “Libérate da carga mental”, terá ao seu cargo a conferencia “A igualdade tamén se aprende”, o mércores 6. Todas as conferencias serán ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Goián.
El Concello de Tui anuncia que encenderá "su luz más mágica" el próximo viernes para iniciar una potente programación navideña
Fuegos artificiales, música en directo y animación completamente gratis. Así será este fiestón para despedir el año en el norte de Portugal
Abel Caballero pulsó de nuevo otro botón (en esta ocasión azul) para iluminar Vialia on Ice, que todavía no arranca en su totalidad
Pablo López confirma su idilio con Galicia y con Vigo en particular ofreciendo tres conciertos para presentar su próximo trabajo
Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL