• Halloween Rías Baixas
  • Ruta Vigo Samaín
  • Magosto Vigo
  • Balaídos Mundial 2030
  • Ruta gratis Nigrán
  • Espectáculo Navidad
  • Alta Velocidad
  • Rodaje en Vigo
  • Plan saludable Valença
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

Sete bandas únense en concerto para reivindicar a apertura dun Vigosónico "en condicións dignas"

Sete bandas únense en concerto para reivindicar a apertura dun Vigosónico "en condicións dignas"
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
23/05/2022

O club Molotov acollerá o vindeiro venres 3 de xuño un concerto organizado pola plataforma Grupos de Vigo en Loita, onde se reclamará a mellora das salas de ensaio de Vigosónico logo do recorte en horas dispoñibles e condicións dende a súa reapertura a principios deste mes. Tamén servirá para reivindicar a presencia de bandas viguesas na programación de verán do Concello, que, para o colectivo organizador “brilla pola súa ausencia, especialmente cando esta podería servir de altofalante da cultura da cidade xuntando aos artistas da cidade cos grandes nomes internacionais”. Así, este concerto inclúe a sete bandas da escena punteiras en diferentes estilos, dende o rap de La Cloaka Sound e JCA, pasando polo punk dos Vacalouras, o metalcore de Arson Tides, a mestura de rap e rock do Puto Show, o pop punk de Gracias por Nada, o rock duro de West Ride ou o rock de Einconscientes. Unha chea de bandas viguesas para contrarrestar a falta destas na programación municipal.

A convocatoria deste concerto chega logo dunhas declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que afirmaba, ante as denuncias das deficiencias de Vigosónico por parte dos usuarios agrupados na plataforma Grupos de Vigo en Loita, que “después de ver algunas de las cosas que decían hace unos días, me temo que no responden a la realidad”. Dende a plataforma desafían a Caballero “a dicir que non responde á realidade, xa que o recorte de horarios e instalacións, as maiores restricións de uso e a cantidade de material defectuoso, do que se está tomando lista por parte do persoal, é facilmente contrastable”. O colectivo considera que o intento de “desacreditar e de tachar de mentirosos aos músicos e usuarios de Vigosónico” agrupados na plataforma “so vén a confirmar o nulo interese do Concello na música da cidade e en axudar á mesma, logo de terse visto obrigado a reanudar o servizo só a raíz das protestas e accións constantes de Grupos de Vigo en Loita”. “En vez de reunirse connosco e recoller as nosas demandas, so intenta reiteradamente infravalorarnos e atacarnos”, afirman.

Másnoticias

Personal sanitario pide "tolerancia cero" tras la agresión a una enfermera en Vigo

Personal sanitario pide "tolerancia cero" tras la agresión a una enfermera en Vigo

14/10/2025
Los motoristas de Vigo se preparan para la noche más tenebrosa del año

Los motoristas de Vigo se preparan para la noche más tenebrosa del año

14/10/2025

Nesa mesma rolda de prensa do día 11 de maio, Caballero afirmou tamén que lle “gustaría que los grupos que protestan digan también que Vigosónico es gratuíto, es el único sitio donde esto sucede”, a pesar de que en Galicia hai decenas de salas de ensaio públicas e gratuítas en diferentes Concellos. De feito, non era o único sitio onde isto sucedía en Vigo ata que se pecharon durante o seu goberno as salas do Castro e da Casa da Xuventude. Tamén afirmou o alcalde que “disponen de un espacio de grabación y 'maquetación' (sic.) totalmente gratuíto”, a pesar de que, como explica a plataforma, “en Vigosónico non se gravan discos e maquetas de grupos a non ser que sexa polo premio dalgún concurso ou para os recopilatorios de Vigosónico, o último dos cales fíxose en 2017”. Polo tanto, “nunca foi de libre disposición gratuíta para os grupos”, sinalan, afirmando que se amosa unha vez máis “o total descoñecemento por parte do alcalde do que se fai en Vigosónico e das bandas que ensaian nel”. Ademais, actualmente, o estudio de gravación non pode operar, xa que só hai un traballador encargado de xestionar as salas e recibir aos grupos e ningún que poida mentres tanto facer as labores do estudio. “É moi desafortunado que o alcalde pretenda aínda por riba que lle deamos as grazas por un servizo público básico para a cultura da cidade que acaba de recortar salvaxemente logo de máis de dous anos pechado”, denuncian.

O concerto organizado por Grupos de Vigo en Loita, no que se visibilizarán todas estas cuestións, comezará ás 20:30 horas, e a entrada será totalmente de balde.

Temas: conciertos en Vigoespectáculos en Vigomúsica en directoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Aventura en una isla de las Rías Baixas entre pistas y misterios para tener un Halloween "mágico"
Qué hacer

Aventura en una isla de las Rías Baixas entre pistas y misterios para tener un Halloween "mágico"

Organizan un rastrexo en uno de los paraísos naturales de Galicia, una actividad que culminará degustando una deliciosa queimada

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025
Los Mariah Carey gallegos confirman su presencia en la Navidad de Vigo
Qué hacer

El espectáculo de humor más esperado de la Navidad de Vigo ya tiene fecha

El trío cómico de Javier Veiga, David Amor y Rober Bodegas llegarán el 27 de diciembre a Vigo con su esperado espectáculo ESFÍNTER 5

PorSara Rodríguez
14/10/2025
Los motoristas de Vigo se preparan para la noche más tenebrosa del año
Qué hacer

Los motoristas de Vigo se preparan para la noche más tenebrosa del año

La Motohalloween se celebrará el 26 de octubre y hará una ruta por las carreteras de Vigo con los disfraces más terroríficos

PorSara Rodríguez
14/10/2025
Valença inaugura este nuevo atractivo turístico, una puerta a 23 hectáreas de historia
Qué hacer

Valença organiza un "Sábado terapéutico" con masajes, música medicinal y una ruta interpretativa

El norte de Portugal acoge una iniciativa pensada en el bienestar. Habrá masajes, servicio de estética y música medicinal

PorPaula Carballo
14/10/2025
Unha orquestra para a Universidade de Vigo
Enfoque

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025

Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X