SonDaRúa, unha das bandas con maior proxección do panorama galego dos últimos anos, volve á carga con "Eterno Combate" (PlayPlan 2020), o seu primeiro disco de longa duración tras o lanzamento do EP "Liberando mentes" (2018).
O grupo, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, plasma neste novo traballo o seu estilo, que sempre bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e política. Xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais.
Trátase dun LP de 12 cortes no que poderemos gozar das colaboracións de Skandalo GZ, Navia Rivas e Ezetaerre. Ademais, e mantendo a liña habitual de SonDaRúa, Eterno Combate é un disco do máis ecléctico no que teñen cabida unha morea de estilos musicais; dende o rap clásico ao máis puro estilo 90’s, pasando polo ska, o rock e chegando aos sons máis característicos do reggae.
No referente á parte instumental de "Eterno Combate", o maior peso da produción recaeu en Álex Arnoso, membro do grupo. Sen embargo, "Eterno Combate" conta coa participación de distintos artistas do nivel de Peter Petrowski (Ezetaerre), un habitual nos traballos de SonDaRúa, That Bass, actual DJ da banda, quen tamén aportou o seu gran de area musical neste LP, ou Javier Vicalo, produtor da canción que dá nome ao disco nos estudos The Dub Yard. Destaca tamén o gran traballo realizado por Félix Cebreiro en Quela Records, tanto na mestura e masterización dos temas como nos arranxos musicais do disco.
Aínda que a banda non perde en ningún momento a súa esencia subversiva e reivindicativa, en "Eterno Combate" atopamos temáticas moi diversas entre as distintas cancións que conforman o disco, así como rítmicas e instrumentais cheas de calidade e frescura.
Beade acoge una Festa do Magosto con raciones de castañas, otros productos gastronómicos y actuaciones musicales
La parroquia de Comesaña en Vigo presenta la programación de su Magosto. Una jornada llena de música y castañas para todos los públicos
¿Aún no tienes planes para este fin de semana en Vigo y su área? Consulta esta guía para no perderte ningún evento
La Navidad de Viana do Castelo se enciende este sábado y ofrecerá diferentes espectáculos durante dos meses. ¡Consulta los detalles!
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL