O Concello de Vigo organizará entre os meses de xullo e decembro un ciclo de conferencias para promover a candidatura das Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. Abel Caballero avanzou que, co nome de "Falemos de Cíes", unha iniciativa permite a Vigo seguir adiante "coa súa folla de ruta de promoción de Illas Cíes cunha candidatura que conta co respaldo da cidadanía e da comunidade científica nacional e internacional".
O ciclo de conferencias comeza o mércores 18 de xullo coa proxección de "Súmerxete nos fondos mariños das Illas Cíes", unha obra de Manuel E. Garci, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas. A cita terá lugar na Praza da Constitución ás 21:00 horas.
O programa organizará unha conferencia cada mes. As dúas seguintes ponencias fusionarán, ademais, "ciencia e cañas" coa celebración do renovado Mercado de Berbés coa conferencia que Alberto Velando e Carlota Barañano falarán dos "Procesos ecolóxicos nas Illas Cíes" (19 de setembro) e coa charla de Fran Saborido e Miguel Planas dos "Usos sostibles das Illas Cíes. O caso da pesca" (3 de outubro).
O ciclo de conferencias "Falemos de Cíes" continuará o mércores 7 de novembro co coloquio que Ceferino de Blas, cronista oficial da cidade, ofrecerá no Club FARO baixo o título "Patrimonio Cultural e Histórico das Illas Cíes".
Por último, este programa para amosar o potencial de Cíes para ser Patrimonio da Humanidade remata o 12 de decembro coa conferencia de Irene Alejo, profesora da UVigo, sobre "A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo". Esta última ponencia terá de novo lugar no Mercado do Berbés.
El penúltimo fin de semana de julio llega con citas imprescindibles del verano vigués y opciones para todos los gustos. ¡Toma nota!
Vigo se prepara para disfrutar de la Romería de San Roque. David Civera es el gran bombazo de un programa con conciertos, sesión vermú o comida
Monçao celebra este fin de semana una fiesta gastronómica especial, la de "la Rosca e do Papudo". ¡Este es su programa!
Vigo podrá disfrutar este sábado del Inmersa Dance Fest, que pondrá a bailar a las personas que se acerquen hasta Porta do Sol
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL