Moaña consolídase como un dos principais lugares da provincia de Pontevedra para gozar do Samaín. Unha das propostas máis novidosas que oferta a vila morrancese será un escape room. A actividade está deseñada tanto para o público con idades de 9 a 12 anos, que terá lugar o 29 de outubro; e para maiores de 12 anos, cuxo evento desenvolverase o 30 de outubro. Ambas citas serán na Casa da Mocidade.
A organización do escape room ofrece a cada equipo un total de 45 minutos para resolver o misterio. ¿Lograrán saír a tempo os participantes? O horario da actividade será de 16:00 a 22:00 horas. As interesadas e interesados poden inscribirse ata o lunes 25 de outubro na Casa da Mocidade ou contactando a través do correo electrónico [email protected]. Pódese apuntar en grupo ou individualmente. A organización lembra que os grupos son de tres a cinco persoas.
O sábado 30 de outubro, a Casa da Mocidade tamén celebra unha xornada de xogos de mesa e magic, unha actividades para todas as idades para xogar, aprender e compartir. O horario é de 17:00 a 20:30 horas.
A programación prosigue o 31 de outubro en xornada de serán. O Samaín chega ao seu colofón final dende as 17:00 horas con talleres de maquillaxe, manualidades e xogos temáticos na Carpa no contorno do Palco mentres que no Alto da Praza terá lugar unha das grandes actividades da festa, o Túnel do Terror, unha proposta que xa se celebrara hai dous anos. Todas as actividades do Samaín moañés son de balde.
Castrelos inicia la cuenta atrás para el concierto de Chayanne en Vigo: el artista te enseña los pasos para bailar uno de sus hits
Este martes se celebra una visita guiada por la catedrática Marta Cendón para abordar "las huellas de 800 años de arte" en la Catedral de Tui
Nigrán inicia la semana en la que vibrará con las fiestas de su patrón: esto es todo lo que ofrecerá el concello de O Val Miñor
La Festa do Mar de Combarro anuncia su segundo concierto gratuito para este verano. Ficha a una de las "revelaciones" del pop español
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL