Moaña consolídase como un dos principais lugares da provincia de Pontevedra para gozar do Samaín. Unha das propostas máis novidosas que oferta a vila morrancese será un escape room. A actividade está deseñada tanto para o público con idades de 9 a 12 anos, que terá lugar o 29 de outubro; e para maiores de 12 anos, cuxo evento desenvolverase o 30 de outubro. Ambas citas serán na Casa da Mocidade.
A organización do escape room ofrece a cada equipo un total de 45 minutos para resolver o misterio. ¿Lograrán saír a tempo os participantes? O horario da actividade será de 16:00 a 22:00 horas. As interesadas e interesados poden inscribirse ata o lunes 25 de outubro na Casa da Mocidade ou contactando a través do correo electrónico actividades@patronatobeiramar.org. Pódese apuntar en grupo ou individualmente. A organización lembra que os grupos son de tres a cinco persoas.
O sábado 30 de outubro, a Casa da Mocidade tamén celebra unha xornada de xogos de mesa e magic, unha actividades para todas as idades para xogar, aprender e compartir. O horario é de 17:00 a 20:30 horas.
A programación prosigue o 31 de outubro en xornada de serán. O Samaín chega ao seu colofón final dende as 17:00 horas con talleres de maquillaxe, manualidades e xogos temáticos na Carpa no contorno do Palco mentres que no Alto da Praza terá lugar unha das grandes actividades da festa, o Túnel do Terror, unha proposta que xa se celebrara hai dous anos. Todas as actividades do Samaín moañés son de balde.