O Concello de Redondela vén de anunciar hoxe o cambio de datas do XXII Festival de Artistas de Rúa e os Shopping Days que tería que desenvolverse este venres 24 e sábado 25 de setembro. As malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana obrigan ao Concello e a Asociación de Co-merciantes de Redondela a aprazar a cita para os vindeiros 1 e 2 de outubro.
En todo caso, o Festival de Artistas de Rúa terá un previo máis que interesante coa compañía Tiritantes, chegada de Burgos co seu espectáculo Ulterior, a viaxe o sábado 25 ás 18:00 horas”. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que, coas malas condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, tanto o Festival de Artistas de Rúa coma o Shopping Days, “quedarían totalmente desvirtuados ao ser eventos para vivir nas rúas, cousa que a choiva faría pouco menos que imposible”. Ao mesmo tempo, a alcaldesa redondelá lembra que o propio aprazamento permite “que o Festival conte cun máis que interesante avance como é o da compañía Titiritantes, unha agrupación de recoñecido prestixio e enorme calidade escénica”.
Cómpre lembrar que nesta edición dos Shopping Days está prevista a participación de 42 establecementos de diferentes sectores comerciais os que, durante a fin de semana, ofrezan os produtos de fin de tempada a prezos moi rebaixados. Ao mesmo tempo, no interior das tendas, farase un avance do que será novidade na vindeira tempada.
Na nova programación, con algún cambio obrigado de artistas que xa tiñan as novas datas comprometidas, o Festival mantén como denominador común “a altísima calidade de todas e cada unha das compañías e dos espectáculos que ofrecerán”, afirma a alcaldesa Digna Rivas que lembra que os espectáculos “serán itinerantes para evitar, dese xeito, as aglomeracións de público e que, ao mesmo tempo, poidan gozar de todas e cada unha das propostas o maior número posible de espectadores e espectadoras”.
Baiona organiza una andaina saludable. Es una actividad para promover hábitos saludables y concienciar sobre la prevención contra el cáncer de pulmón
El Rondallas Fest se celebrará en diciembre en el Pazo de Mos. Participarán diferentes agrupaciones musicales del área de Vigo
La Festa do Espumante de Melgaço promete tres intensos días de actividades. Habrá catas, showcookings, conciertos y degustaciones
Uno de los atractivos gratuitos de la Navidad de Vigo, su Belén Monumental, se podrá visitar en la Casa das Artes de forma gratuita
Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL