A Plataforma de Activistas Culturais e Artistas de Redondela, Sinha PACA, e o Concello de Redondela, a través da Concellaría de Cultura que xestiona Iria Vilaboa, organizan un magosto, o terceiro que celebra a Plataforma, o vindeiro sábado 13 de novembro, na parroquia de Ventosela. Activistas desta parroquia animaron a Plataforma a trasladar o magosto, que viñan facendo na vila, a esta aldea, que ten o San Martiño por patrón e que, por mor do falecemento do anterior presidente da Comisión de Festas, corrían o perigo de non contar con celebración por segundo ano consecutivo.
As actividades comezarán pola mañá, retomando os xogos populares que tanto singularizaran as súas celebracións. Trompos, zancos, xogo da ra, da chave, bolos, mouróns, quebracabezas, carreiras de caracois, labirintos e demais xogos estarán a disposición das 11 ás 13h, baixo a supervisión de monitores/as e que contará con ILSE (intérprete de linguaxe de signos). Esta actividade está pensada para os máis cativos, aínda que non hai idade límite. O que si hai é límite de inscrición: máximo 50 nenos e nenas, para garantir o xogo seguro. Os interesad@s poden inscribirse no email sinhapaca@gmail.com, indicando o nome e a idade do neno.
Ao mediodía a cantina da Cultural de Ventosela ofrecerá un menú a 12€ coa castaña como elemento central: crema de castaña, codillo con castañas e biscoito de castaña. Os interesados poden facer as reservas na propia cantina. Teléfono: 986404682.
Xa na tarde as actividades arrincan ás 17:00 horas con pregón a cargo do artista Suso Ben. Tanto os xogos populares como a lectura de pregón contarán con intérprete en lingua de signos. Ás 18h haberá unha actuación de baile a cargo do grupo O carballo das cen pólas, de Reboreda. E ás 19h darán comezo os concertos das Efémeras e Acordeireta. A festa contará cun DJ que amenizará toda a xornada e que prolongará á noite a festa.
O magosto propiamente terá lugar de tarde, onde se servirán castañas en dúas tandas: unha ao rematar a actuación de baile e outra no cambio de grupos. Ofreceranse castañas asadas até esgotar existencias.
Todas as actividades foron feitas contando con activistas culturais e artistas de Ventosela, tanto na monitoraxe dos xogos, a cargo de Sonia Míguez, no pregón, nos grupos dos concertos, onde toca Olga Nogueira ou no deseño do cartaz, obra de Anxo Peixoto. Talento local para unha celebración internacional.
El cine en la playa que se celebra en Bueu este viernes contará con dos sesiones distintas, una a las 22:00 y otra a las 23:00 horas
Alén Filmes ha abierto un nuevo casting en Vigo. Se buscan figurantes para el rodaje de una serie a partir de octubre en Vigo
La "Romaría de Darbo" es una de las citas esperadas el verano en Cangas. La Danza y la Contradanza o las grandes verbenas, platos fuertes
La organización destaca que quedan tan solo 300 entradas para el viernes 29, jornada en la que actuarán los dos grandes reclamos del festival
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL