O proxecto Smart Miño Plus impulsa a conexión peonil e ciclista entre Galicia e Portugal cunha singular obras de enxeñería que unirá o Sendeiro dos Pescadores coa ecopista lusa.
Galicia e Portugal seguen estreitando lazos... e fronteiras. O proxecto europeo Smart Miño Plus - “Promoción das dinámicas de mobilidade sostible na fronteira do río Miño”, traballa para facer realizada un vello soño da veciñanza das Neves e Monçao: a creación dunha ponte sobre o Miño, a primeira colgante e a sétima que se impulsa entre as comarcas neste territorio transfronteirizo. Trátase dun paso internacional peonil e ciclable que permitirá conectar a rede de sendas verdes transfronteirizas nas dúas beiras do río.
Esta singular obra de enxeñaría será posta en marcha a través do programa de cooperación europeo POCTEP e está enmarcado no Estudo de Mobilidade Transfronteiriza impulsado pola Deputación de Pontevedra. Apenas 100 metros de ponte que unirán o Sendeiro dos Pescadores galego coa ecopista lusa e de seguro se converterá nun elemento singular da zona, nun elemento dinamizador dos concellos e nun potente atractivo turístico.
Esta ponte colgante situarase na zona de maior proximidade entre ambas beiras do Miño dominadas por un desfiladeiro rochoso con cotas que permiten unha conexión segura fronte a posibles crecidas do río. Do lado luso situarase no Posto da Torre, usado hai anos como un posto de garda fiscal, que se reconstruirá para crear un centro de interpretación do río Miño nunha área moi específica do seu trazado que o relaciona coa actividade de contrabando existente nos anos 60 e 70 do século XX. Mentres, do lado galego estará conectado cun sistema de camiños peonís e sendeiros que conecta o concello das Neves con Salvaterra de Miño, o que potenciará un percorrido e vivencia diferente sobre o río.
Liderado por Deputación de Pontevedra e AECT Rio Minho, o proxecto de construción desta ponte peonil forma parte do Smat Miño Plus, unha iniciativa financiada con fondos europeos que procura favorecer unha mobilidade sustentable entre os territorios do río Miño transfronteirizo, reducindo a pegada de carbono, mellorando a calidade de vida da veciñanza e dando pulo ao desenvolvemento económico e social na contorna.
O obxectivo é fomentar a presenza de mulleres nas titulacións do eido científico e tecnolóxico. A convocatoria, aberta ata este mércores
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL