En plena semana de reivindicacións feministas, aínda coa “resaca” da multitudinaria manifestación deste pasado domingo e en plenos preparativos para a folga do próximo 8 de marzo, as galegas e galegos tamén se reivindican na linguaxe.
No “top ten” de buscas semanais do portal da Real Academia Galega, "clítoris” sitúase como a palabra con maior número de procuras online.
Tamén aumentou significativamente o termo “cona”, que xa é o noveno con maior número de consultas. Non en van, o BNG lanzou unha campaña na que, parodiando a da Xunta do 25N, defendía que “o máis grande de Galicia está até a cona”.
O Concello de Vigo organiza ao longo deste mes unha decena de actividades que van dende proxeccións de cinema até contacontos para conmemorar o Día Internacional da Muller.
O programa arranca este martes, 6 de marzo, coa proxección de “La Fuente de las mujeres” no Auditorio Municipal e inclúe tamén un concerto da moañesa Wöyza o sábado, 10 de marzo, no MARCO.
Para facilitarlle ao estudantado a preparación dos exames as bibliotecas centrais da UVigo amplían o seu horario dende este sábado día 27
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL