O Festival Internacional Kerouac Nova York falará galego na terceira edición que se desenvolverá do 3 ao 8 de abril e que consolidará este evento no que a poesía toma as rúas para mesturarse con outras artes, nomeadamente coa música e coa performance, nunha exposición dinámica e moderna da expresión poética. E farao co apoio da Consellería de Cultura, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tal e como anunciaron en rolda de prensa o secretario xeral, Valentín García, e un dos responsables do festival, Malvares de Moscoso.
“O Festival Kerouac de Vigo chega por terceira vez a Nova York e, da súa man, fano a lingua e a cultura galegas para visibilizarse e proxectarse internacionalmente neste evento que se dá cita arredor da palabra e da poesía, da música, da pintura, da performance ou do teatro”, destacou García Gómez.
A representación galega na terceira edición do Festival Internacional Kerouac NYC correrá a cargo de Francisco Castro, Sheila Blanco, Marta López, Marcos de la Fuente e Vanesa Álvarez (os dous últimos, responsables da empresa organizadora, Culture Lovers S.L.).
Aínda que as seis citas que configuran o cartel do festival ao longo de seis días inclúen presenza galega, Galicia terá un protagonismo especial no encontro previsto para o sábado 7 de abril na Casa de Galicia de Nova York, no que participarán exclusivamente catro galegos: Francisco Castro, Sheila Blanco, Marta López e Marcos de la Fuente.
O Festival Internacional é un evento internacional que, desde hai sete anos, cada mes de outubro ten lugar en Galicia, na cidade de Vigo e, desde hai tres, en Nova York, cada mes de abril. A súa inspiración é a Xeración Beat e a súa finalidade a de levar a poesía ás rúas e mesturala con outras artes, nomeadamente coa música e coa performance, nunha exposición dinámica e moderna da expresión poética.
Nesta súa terceira edición amplíanse a seis os espazos e sedes na Gran Mazá, no que será o ano da definitiva consolidación do Festival en EUA, cos obxectivos de presentar a poesía como unha ponte que une países, cidades, continentes e artistas e que elimina fronteiras; irmandar as dúas linguas máis importantes de Nova York (inglés e español) coa galega; poñer en valor a creación poética e a palabra en todos os seus rexistros e contextos artísticos e ofrecer os seus espazos de intervención como territorio do latexo poético do século XXI.
O evento conta co apoio da Consellería de Cultura, canda outros coma os do Bowery Poetry Club e o NYC Ferry neoiorquinos, o dos Haiku Guys + Gals ou o do Consulado de España en Nova York.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL