Chegou o día. Bueu celebra esta fin de semana os 18 anos da súa Festa do Polbo. Dende hoxe ás 19:30 horas e até o domingo, a vila do Morrazo ofrecerá até 20 variedades de polbo a prezos que van dende os 5€ e até os 8,50€, segundo a ración.
A festa arrancará o 11 de agosto ás 19.30, momento dende o que xa se poderá gozar das especialidades e do polbo á feira, que tamén serán ofertados o sábado de 12.30 a 16.30 e de 19.30 a 00.00, e o domingo, das 12.30 a 16.30 e das 20.00 a 00.00 horas.
Rosa de los Vientos ofrecerá, por un custe de 5.00 €, empanada de polbo de trigo, empanada de polbo de millo, croquetas de polbo á feira, arroz de polbo, fabas con polbo e paté de polbo á feira; e por 8.50 €, polbo á prancha con cachelos, polbo frito en Aires de Jaén, polbo á feira, e polbo en caldeirada.
Pola súa banda, O Rincón de Cela presentará empanada de polbo de millo e trigo, wok de polbo, e croquetas de polbo, todas por 5.00 €; mentres que por 8.50 €, os e as comensais poderán probar o polbo á feira, o polbo á prancha, polbo en caldeirada, a pizza de polbo, e o carpaccio de polbo con ourizos e afumado guerande.
A que será a festa máis especial e emotiva, inclúe a actuación da Banda de Gaitas Manxadoira o sábado, seguida do pregón a cargo de David Novas, modelo e actos nado en Bueu e que ten participado en series tan recoñecidas como Serramoura ou Vidago Palace, ademais de ser da canteira do grupo de teatro do IES Johán Carballeira coñecido como Comediantes Anónimos.
Dado que o ano pasado se contou co grupo Treixadura e resultou unha experiencia complementaria moi interesante para este evento, desta volta será a quenda de Pelepau, un grupo vigués conformado por doce percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música tradicional de recoñecido prestixio nacional.
A actuación terá lugar o domingo, 13 de agosto, ás 19.30 horas, na mesma carpa do Campo da Estacada.
La cita, que se celebrará en Bueu, promete auténticas "gangas" en todo tipo de productos con descuentos del 40 al 70%
El Festival de O Marisquiño tiene el primer fin de semana de agosto su previa perfecta en un entorno espectacular como el puerto de A Guarda
La zona de moda de Vigo se convierte en un gran puente cultural entre España y Argetina horas antes de la final del Mundial
The Champion Burger, el mayor festival de hamburguesas gourmet, vuelve a Vigo con sus locas propuestas gastronómicas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL