A obra Elisa e Marcela chega este venres a Tui

Historia conmovedora. Basada en feitos reais. A Panadaría trae este venres 3 de novembro a obra “Elisa e Marcela”, unha montaxe que terá lugar no Teatro Municipal de Tui ás 21:30 horas logo de éxito colleitado en Vigo, Santiago e A Coruña.

Baixo a dirección de Gena Bahamonde as actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman dan vida a Elisa e Marcela o primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero e de defensa dos seus dereitos.

“Elisa e Marcela” é o terceiro espectáculo de A Panadaría, unha compañía creada en 2013 por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. O seu primeiro espectáculo foi “Pan! Pan!” ao que seguiu “Panamericana”, e a comezos do pasado mes de outubro estrearon esta nova obra, dentro da súa aposta por un teatro de creación propia.

As entradas están á venda ata mañá venres ás 15:00 horas a un prezo de entre 6 e 4’5 euros mentres que a partir das 19:30 horas poden mercarse as localidades no despacho de billetes do Teatro Municipal de Tui. Se estás interesado podes adquirir a túa entrada nesta web.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*