Historia conmovedora. Basada en feitos reais. A Panadaría trae este venres 3 de novembro a obra "Elisa e Marcela", unha montaxe que terá lugar no Teatro Municipal de Tui ás 21:30 horas logo de éxito colleitado en Vigo, Santiago e A Coruña.
Baixo a dirección de Gena Bahamonde as actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman dan vida a Elisa e Marcela o primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero e de defensa dos seus dereitos.
"Elisa e Marcela" é o terceiro espectáculo de A Panadaría, unha compañía creada en 2013 por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. O seu primeiro espectáculo foi "Pan! Pan!" ao que seguiu “Panamericana”, e a comezos do pasado mes de outubro estrearon esta nova obra, dentro da súa aposta por un teatro de creación propia.
As entradas están á venda ata mañá venres ás 15:00 horas a un prezo de entre 6 e 4'5 euros mentres que a partir das 19:30 horas poden mercarse as localidades no despacho de billetes do Teatro Municipal de Tui. Se estás interesado podes adquirir a túa entrada nesta web.
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
"Vigo no será la ciudad del prohibido divertirse", acuerdo para poner una nueva fecha al festival cancelado el pasado sábado
Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL