O Goberno da Deputación de Pontevedra presentou este xoves unha nova liña de axudas extraordinarias aos concellos de menos de 20.000 habitantes para que poidan actuar se a situación de seca, que afecta xa a diferentes zonas da provincia, se mantén no tempo e chega a comprometer o abastecemento de auga domiciliaria. A presidenta provincial, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, deron detalles desta iniciativa que estará dotada con tres millóns de euros e que está destinada aos concellos, entidades locais ou mancomunidades, que teñen a obriga de garantir o abastecemento. A Deputación de Pontevedra convértese na primeira administración provincial de Galicia en lanzar estas axudas extraordinarias pola seca e na máis ambiciosa do Estado en canto aos recursos que se van mobilizar.
As bases desta liña de axudas se levarán ao pleno de setembro e con esta medida a Deputación “anticípase ao que poida acontecer se seguimos nesta situación”, en palabras da presidenta provincial, Carmela Silva. A institución remitiu hoxe unha carta na que se convida aos gobernos locais a facer achegas en canto as casuísticas que teñen cada un deles. A presidenta provincial cualificou esta iniciativa como “unha decisión novidosa, potente e con recursos moi por riba doutras administracións”.
Pola súa banda, o vicepresidente provincial, César Mosquera sinalou que a Deputación reafírmase como “o concello dos concellos” nunha situación de prealerta por seca na que algúns municipios xa tiveron que facer restricións. “Nin os concellos nin nós podemos facer as cousas de maneira ordinaria, con toda a burocracia que iso supón, porque as medidas aplicaríanse en febreiro e queremos que sexa xa”.
A contía máxima de subvención será un fixo de 10.000 euros para cada concello, entidade ou mancomunidade, mais a resultante de multiplicar por 5 o número de habitantes da administración local que solicita a axuda, “respondendo unha vez máis, dixo a presidenta, a un reparto equitativo co criterio obxectivo poboacional”. No caso das Mancomunidades será para actuacións en concellos de menos de 20.000 habitantes e no caso de actuacións conxuntas para a parte proporcional segundo a poboación que corresponda a concellos de menos de 20.000.
As actuacións subvencionables con esta liña de axudas extraordinarias, que se concederán por concorrencia non competitiva, serán todas aquelas de emerxencia destinadas a garantir o subministro de auga a toda a poboación, estea cuberta polo sistema público ou por solucións individuais ou colectivas diferentes ao sistema público e poderán ser de gasto corrente ou investimento. Entre elas estarían o enchido de depósitos mediante cisternas, puntos de achega mediante cisternas, eliminación de fugas puntuais no sistema de captación e distribución, novas captacións de emerxencia como pozos de barrena, conexións puntuais a outras redes por emerxencia, limpeza de captacións, campañas informativas de moderación de consumo, gastos derivados de bombeos extraordinarios e urxentes e outras similares.
Non serán financiables obras de mellora xeneralizada ou de ampliación das actuais redes, que terían que afrontarse por procedementos ordinarios. En todo caso, o listado de actuacións que serían subvencionables está aberto en funcións das achegas que poidan facer chegar os concellos.
El programa "A Liga dos Cantantes Extraordinarios" busca la mejor de Voz de toda Galicia. Hay un participante de Vigo y una de O Porriño
Se traspasa un local de ocio nocturno de Vigo con todo lo necesario para abrir. Mesa de DJ, equipos de sonido y mucho más
Un ranking internacional selecciona las 50 mejores playas de todo el mundo e incluye uno de los arenales más destacados de Vigo
La Federación de Fútbol propone a Vigo "caminar juntos" para que Balaídos sea finalmente sede del Mundial 2030
La programación de los cursos de verano de Extensión Universitaria llega este curso con ideas frescas y propuestas renovadas. En total, el catálogo comprende siete talleres, tres de los cuales se imparten por primera vez. Iniciación al arte 3D, git...
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL