• Piscinas en Vigo
  • Cine de verano Vigo
  • Galleta Vigo Mascotas
  • Pozas en Galicia
  • Solpor a Bocados Vigo
  • Reggaeton Beach Festival
  • Puente colgante Galicia
  • Ana Peleteiro
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Cursos y concursos

A UVigo destina 90.000€ a paliar os efectos económicos da pandemia nas familias

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/01/2021

O estourido da pandemia da covid-19 na pasada primavera xerou un impacto repentino non só na saúde, senón tamén na economía de moitas familias afectadas por ERTEs, despedimentos, peches de negocios ou redución de ingresos. Para que esta situación non afecte negativamente ao rendemento académico do alumnado, a Universidade de Vigo puxo en marcha unha serie de medidas extraordinarias en materia de axudas ao alumnado máis vulnerable. A primeira convocatoria publicouse en maio e beneficiou a preto de 200 estudantes. Agora, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria lanza unha nova proposta de axudas cun orzamento total de 90.000 euros para o alumnado afectado pola declaración do estado de alarma “que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos”, como recolle a Resolución Reitoral. A finalidade, explica a vicerreitora, Natalia Caparrini, é que “o alumando que ten menos recursos económicos teña igualdade de oportunidades, que é o que se pretende desde unha universidade pública”.

As bolsas cobren ata o 100% do prezo da matrícula, o que supón unha novidade respecto da convocatoria de maio, na que se cubría o 50% xa que, como resalta Caparrini, “a pandemia afectou a partir do segundo cuadrimestre” e, desta volta, semella que “afectará a todo o curso académico”. De feito, a vicerreitora recoñece que “se ben é verdade que distintas administracións, e mesmo empresas privadas, están dando axudas, polo que vemos a diario en prensa, televisión e ao noso redor, séguense dando situacións dramáticas”. Por iso, recalca, “o obxectivo ao que deberíamos chegar é que ningunha persoa se quede sen estudos universitarios por motivos económicos, sexan estes debidos á pandemia ou a calquera outra circunstancia”.

Másnoticias

Una panadería de Vigo triunfa con su "capricho" casero incluso para peludines

06/07/2025

Vigo se empapa de solidaridad con las personas con esclerosis múltiple en el "Móllate" en Bouzas

06/07/2025

Axudas por motivos económicos ou por ter que reintegrar a bolsa do Ministerio

Poden solicitar estas axudas os estudantes matriculados en calquera titulación de grao, mestrado ou doutoramento de centros propios da Universidade de Vigo no curso 2020/2021 que se encontren nunha das dúas seguintes casuísticas. Por unha banda, atoparse desde o 1 de setembro de 2020 algún membro da unidade familiar en situación de desemprego ou ERTE; ser traballador por conta allea e ter reducido a xornada laboral por coidados como consecuencia directa da covid-19; ser traballador por conta propia e ter concedida a prestación extraordinaria por cese de actividade ou ser traballador do fogar e ter concedido o subsidio extraordinario por falta de actividade. Por outra banda, e como novidade respecto da convocatoria do ano pasado, tamén poden solicitar estas axudas as e os estudantes que teñan que reintegrar a bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional do curso 2019/2020 por baixo rendemento académico debido a causas derivadas da pandemia, como enfermidade da persoa solicitante ou dalgún outro membro da unidade familiar.

Prazo de solicitude aberto ata o 19 de febreiro

O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria está aberto ata o 19 de febreiro e o pagamento da bolsa efectuarase no prazo de un mes desde a resolución de adxudicación. Esta axuda é incompatible con calquera outra concedida para a mesma finalidade, polo que so é compatible coa bolsa de carácter xeral MEFP no que respecta ás materias cuxos prezos públicos non son obxecto de bolsa xeral (segundas e posteriores matrículas).

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Monte de Santa Luzia en Viana do Castelo // Facebook CM Viana do Castelo
Cursos y concursos

Nace un concurso fotográfico que te lleva de escapada a estos concellos de Galicia y el Norte de Portugal

El Eixo Atlántico lanza por primera vez este concurso fotográfico que permite hacer noche en dos parajes de Viana do Castelo y Sarria

PorMetropolitano
03/07/2025
Cursos y concursos

Abren los cursos gratis de conducción segura en moto en Galicia: fechas y requisitos

Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años

PorMiguel Alonso
19/04/2025
Cursos y concursos

"Viviendo mi duelo", Vigo acoge un taller gratuito para afrontar la muerte de un ser querido

Organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer, está dirigido a personas que han perdido a su pareja por enfermedad oncológica

PorMetropolitano
08/04/2025
Cursos y concursos

La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes

Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera

PorMetropolitano
22/02/2025
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X